INICIO

PÁXINAS

ADAPTACIÓNS CURRICULARES

05 decembro 2025

DÍA 3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PEROSAS CON DISCAPACIDADE.

 O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como sensibilizar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O grupo de mediadores fixemos un paraugas para participar no concurso dunha asociación de discapacidade e outro para o noso centro. O lema BAIXO O MESMO PARAUGAS. 

Aquí tedes unhas fotos entregando as pulseiras brancas para conmemorar este día.  


 

03 decembro 2025

UNITOUR 2025

 


O luns 15 de decembro de 2025, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 20ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo. 
O IES DO CASTRO xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 2º bacharelato, que terán que traer previamente autorización. 
Horario de visita a UNITOUR: A saída do instituto será ás 9:00 horas e o regreso sobre as 11:45 horas. En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento. 
Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15:30 a 17:00 horas, a entrada será libre para todos os asistentes. 
 

Lembramos que é OBRIGATORIO, control de acceso mediante código QR. TODOLOS ALUMNOS/AS e DOCENTES deben rexistrarse en UNITOUR no siguinte enlace:

 

🔗Inscríbete aquí en UNITOUR Vigo

 

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN CONTRA A VIOLENCIA NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA NO ÁMBITO EDUCATIVO

 A Consellería de Educación publicou o Protocolo de actuación contra a violencia na infancia e na adolescencia no ámbito educativo. 

Con este protocolo oriéntase o procedemento de prevención e actuación coordinada nun centro educativo cando se detecta unha posible situación de violencia, do tipo que sexa, hacia un menor, para garantir a súa protección.


 
Protocolo de actuación contra a violencia na infancia e na adolescencia no ámbito educativo