21 xuño 2023

ADMISIÓN FP 2023/2024


Deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade e grao, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. 
Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión. 
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
 
 
 A solicitude web realizarase usando o asistente informático na seguinte ligazón: Asistente informático
 
 
 

16 xuño 2023

POLA IGUALDADE

IGUALDADE: Principio que recoñece a todos os cidadáns a capacidade para os mesmos dereitos.



 

14 xuño 2023

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/2024


A Orde do 3 de maio do 2023 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2023/2024 nos centros sostidos con fondos públicos, establece o seguinte calendario escolar: 
 
 COMEZO E REMATE DO CURSO: 
  • Educación Infantil (2º ciclo), Educación Especial e Educación Primaria: Do 11 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos. 
  • Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional: Do 11 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos. 
  • No 2º curso de bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). 
 
PERÍODOS DE VACACIÓNS: 
  • Nadal: desde o venres 22 de decembro ata o venres 7 de xaneiro, inclusive. 
  • Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro (Luns, martes e mércores) 
  • Semana Santa: desde o luns 25 de marzo ó luns 1 de abril, inclusive. 
 
DÍAS NON LECTIVOS: 
  • Día do Ensino: Xoves 7 de decembro de 2023. 

 

CALENDARIO CURSO 2023/2024

OFERTA DE PRAZAS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO NO CURSO 2023/2024

 Aquí tedes a oferta actualizada de graos nas tres universidades de Galicia: UVIGO,  USC, UDC.

 

SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA Curso 2023/2024

06 xuño 2023

ABAU 2023

 



PRAZAS PARA PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS

Convocadas prazas para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2023/24

 

 Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2023/24 (código de procedemento ED308A)(DOG núm. 106, do 6 de xuño).

Prazo para presentar solicitudes:

1. Período ordinario: do 7 de xuño ao 4 de agosto de 2023, ambos incluídos

2. Período extraordinario (só no caso de existir prazas vacantes): entre o 4 e o 8 de setembro, ambos incluidos.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  (procedemento ED308A).

 

PRAZAS DE RESIDENCIAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS 2023/2024

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24.

Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24 (DOG núm. 106, do 6 de xuño).

Prazo para presentar solicitudes:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.