24 xaneiro 2024

A GUERRA NUN MINUTO

Estes impactantes vídeos da ONG "Save the Children" pretenden concienciarnos sobre as consecuencias das guerras, coa mirada posta nas últimas guerras destes anos, a de UCRAÍNA e a de GAZA, pero aplicable a calquera guerra. 
Os vídeos quixeron recrear como sería o drama da guerra no Reino Unido cunhas impactantes imaxes. "Podería pasar isto algunha vez aquí?" pregúntase a organización, que mostra os terribles efectos da guerra nos nenos. 
Imos a visionalos con moita atención e despois, seguindo as indicacións do teu titor/a, teremos un debate colectivo sobre eles. 
 O primeiro vídeo mostra como sería a guerra en Londres... ou en Madrid... ou en calquera das nosas cidades. En poucas horas, en poucos días... a nosa vida cambia como nunca nos puidésemos imaxinar. Igual que lles pasou aos nenos en Ucraína, ou lles pasou antes en Siria nestes últimos anos. Comeza o día en que unha nena inglesa cumpre 8 anos e mostra aspectos da súa vida diaria en Londres, na súa casa, coa súa familia e os seus amigos. A situación cambia drasticamente cando chega a guerra e con ela o medo, a falta de alimentos e medicinas. A cara da pequena reflicte ao longo do minuto e medio da montaxe ese cambio brutal que pasa do rostro de felicidade inicial á angustia e ao medo no momento en que estala a guerra. O vídeo termina co lema "Que non o vexas, non quere dicir que non ocorra". 
 
 
Nestoutro, co título "Está a pasar.Está a pasar aquí" móstrase a viaxe dunha nena refuxiada en dous minutos. Igual que lles pasou a tantos mozos/as sirios... No vídeo, a nena protagonista abandona o seu fogar asediado polas bombas; dorme á intemperie; viaxa nunha barcaza soa e termina naufragando no medio do mar. É rescatada e atendida nun hospital. Unha ficción que por desgraza non sempre se cumpre na realidade: 
 
 
 
A guerra afecta a todas as persoas,... pero especialmente aos nenos/as, como nos lembra a ONG "Save the Children" que traballa por eles/elas. 
 

CANTO CUSTA ESTUDAR NAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS?

Non é ningún secreto que as universidades públicas adoitan ser as máis baratas. Pero o que moita xente non sabe é que o custo de estudar nunha universidade pública cambia moitísimo en función de que estudas, e en que comunidade estúdalo. 
 Para dar un exemplo, estudar Medicina nunha universidade pública en Andalucía custa 757 € ao ano, mentres en Navarra costa 70% máis, chegando a 1.283 €. Unha diferenza de 526 € ao ano! Desde logo, son datos a ter en conta. Como se calculan estes prezos? Agora explicámolo. 
Tanto en universidades públicas como nas privadas, o custo da matrícula que pagas cada ano obtense multiplicando o número de créditos nos que che matriculas polo custo por crédito. O normal é que durante cada ano da túa carreira curses 60 créditos. Con este dato, agora só che falta saber o custo por crédito.

PROTOCOLO ABAU 2024


 

21 xaneiro 2024

DIA INTERNACIONAL DAS APERTAS

Cada 21 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Aperta, unha idea que tivo o psicólogo norteamericano Kevin Zaborney nos anos 80 do século pasado tras comprobar que este simple xesto era capaz de reducir o estrés, mellorar a saúde mental, emocional e mesmo física.
 
FELIZ DÍA DAS APERTAS  



18 xaneiro 2024

ESCOLA DE FAMILIA

 Onte mèrcores tivemos a primeira charla-reunión de ESCOLA DE FAMILIA do IES DO CASTRO deste curso; participaron as familias (pais/nais/titores e titoras legais do alumnado de 2º ESO) que se acercaron ao instituto para asistir a dita charla. 

O tema era "A FAMILIA COMO FACTOR PROTECTOR FRONTE Á ADICCIÓN", que estivo a cargo de Andrea da asociación Érguete. Falou dos factores que poden influir no consumo de drogas, dos factores de protección, da intervención desde a familia... 

Dito tema traballouse no primeiro trimestre co alumnado de 2º ESO nos tallares que se realizaron nas horas de titorías.

Grazas ás familias pola súa asistencia. 


16 xaneiro 2024