06 decembro 2023

UNITOUR 2023- 2º BACHARELATO


O martes 19 de decembro de 2023, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 18ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo. 
O IES DO CASTRO xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 2º bacharelato, que terán que traer previamente autorización. 
 Horario de visita a UNITOUR: A saída do instituto será ás 9:00 horas e o regreso sobre as 11:45 horas. En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento. 
Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15:30 a 17:00 horas, a entrada será libre para todos os asistentes. 
 

 CENTROS PARTICIPANTES 
• Centro Superior de Hostelería de Galicia 
• CESUGA University 
• CUNEF Universidad 
• ESADE Business & Law School 
• Escuela Universitaria de Artes TAI 
• ESIC University 
• ESNE - Escuela Universitaria de Diseño Innovación y Tecnología 
• GLION Institute of Higher Education 
• IE University 
• IEB • ISDE 
• Les Roches Global Hospitallity Education 
• L´IDEM Barcelona Francia 
• Resa - Residencias Universitarias 
• U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital • Universidad Camilo José Cela 
• Universidad de Deusto 
• Universidad de Navarra 
• Universidad Europea (Campus de Madrid) 
• Universidad Europea del Atlántico 
• Universidad Intercontinental de la Empresa - UIE 
• Universidad Nebrija 
• Universidad Pontificia Comillas 
• Universidad Pontificia de Salamanca • Universidad Villanueva 
• Universidade da Coruña 
• Universidade de Santiago de Compostela 
• Universidade de Vigo 
 
Lembrámosvos que e OBRIGATORIO, control de acceso mediante código QR. Todos o ALUMNADO E DOCENTES deben rexistrarse en UNITOUR na seguinte ligazón: 
 
 

A AUTOESTIMA


 A autoestima