26 abril 2022

ED311A - PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

 Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Prazo de presentación: ABERTO - PREMIOS BACHARELATO

26/04/2022 - 25/05/2022

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

Documentación para a presentación

Solicitudes .

1. As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 


21 abril 2022

CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS para o curso 2022/23

 

Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

  • O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o día 29 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.
  • O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o día 23 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.

ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA

 

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza unhas Xornadas de Portas Abertas (telemáticas) o 5 de maio de 2022, para informar sobre a nosa oferta educativa nas diferentes titulacións de grao:

Dirección escénica e dramaturxia
Escenografía
Interpretación

A quen van dirixidas?
Comunidade educativa (centros de secundaria, centros superiores e universitarios...).
Colectivos interesados nas artes escénicas (grupos e asociacións de teatro, centros de xuventude...).

Información e inscrición
www.esadgalicia.com

19 abril 2022

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO. SEDES

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxe definitiva de solicitudes, sedes e instrucións. Convocatoria 2022
Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2022, así como as instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba.