Amosando publicacións coa etiqueta BACHARELATO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BACHARELATO. Amosar todas as publicacións

27 maio 2026

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

 


Aviso premios educación:
 

O vindeiro 1 de xuño publicarase no DOG a orde do 25 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2025-2026 (código de procedemento ED311A). 

O procedemento de solicitude para optar aos Premios Extraordinarios de Bacharelato terá dúas fases diferenciadas:

•    Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos Premios Extraordinarios de Bacharelato (proba PEB). 
•    Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do Premio Extraordinario de Bacharelato.

A proba PEB terá lugar o 16 de xuño de 2026. Os lugares de realización da proba publicaranse no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 2 ao 8 de xuño de 202*, ambos inclusive. A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I. Os datos cargaranse en Avalia de forma similar a como se fai con Nerta para a matrícula da PAU, seguindo as instrucións proporcionadas.

As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba PEB publicarase o día 9 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEB será de 3 días hábiles, do 10 ao 12 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEB publicarase o día 15 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)


Achégase neste correo a documentación que pode atopar tanto no Portal Educativo como na portada da aplicación PremiosEdu.

•    Orde de 25 de maio de 2026 (publicación prevista no DOG o 1 de xuño) 
•    Anexo I para matrícula na proba PEB 
•    Instrucións para os centros educativos: Matrícula na proba PEB
•    Folla informativa da convocatoria. Esta folla deseñouse para darlle difusión a estes premios entre as familias e o alumnado posible candidato a estes premios. Se así o consideran, poden enviar unha comunicación ás familias por Abalar ou similar. 

Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) e dirixir calquera consulta ao respecto ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal

PROBAS DE AVALIACIÓN DE APTITUDES MOTRICES PARA A ADMISIÓN AOS ESTUDOS DE GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

 


TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EN GALICIA 2026


 Fonte: Mónica Diz Orienta

PAU 2026

 A CIUG facilita esta presentación ao estudantado para coñecer o desenvolvemento da PAU 2026 e do proceso de admisión na universidade para o curso 2026/2027.


PARÁMETROS DE PONDERACIÓN - ACCESO AO CURSO 2026-2027


 

17 febreiro 2026

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA - PROGRAMA A PONTE

Santiago de Compostela para visitar, pola mañá, dúas facultades dos campus da Universidade. Logo comeremos no comedor universitario da facultade de Matemáticas, faremos un percorrido pola parte vella de Santiago e visitaremos un Museo do Pobo Galego. 
 

 


03 decembro 2025

UNITOUR 2025

 


O luns 15 de decembro de 2025, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 20ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo. 
O IES DO CASTRO xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 2º bacharelato, que terán que traer previamente autorización. 
Horario de visita a UNITOUR: A saída do instituto será ás 9:00 horas e o regreso sobre as 11:45 horas. En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento. 
Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15:30 a 17:00 horas, a entrada será libre para todos os asistentes. 
 

Lembramos que é OBRIGATORIO, control de acceso mediante código QR. TODOLOS ALUMNOS/AS e DOCENTES deben rexistrarse en UNITOUR no siguinte enlace:

 

🔗Inscríbete aquí en UNITOUR Vigo

 

19 novembro 2025

13 outubro 2025

UNITOUR - SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA 2025


O luns 15 de decembro de 2025, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 20ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo. 
O IES DO CASTRO xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 2º bacharelato, que terán que traer previamente autorización. 
Horario de visita a UNITOUR: A saída do instituto será ás 9:00 horas e o regreso sobre as 11:45 horas. En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento. 
Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15:30 a 17:00 horas, a entrada será libre para todos os asistentes. 
 



 CENTROS PARTICIPANTES 
• Centro Superior de Hostelería de Galicia 
• CESUGA University 
• CUNEF Universidad 
• ESADE Business & Law School 
• Escuela Universitaria de Artes TAI 
• ESIC University 
• ESNE - Escuela Universitaria de Diseño Innovación y Tecnología 
• GLION Institute of Higher Education 
• IE University 
• IEB • ISDE 
• Les Roches Global Hospitallity Education 
• L´IDEM Barcelona Francia 
• Resa - Residencias Universitarias 
• U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital • Universidad Camilo José Cela 
• Universidad de Deusto 
• Universidad de Navarra 
• Universidad Europea (Campus de Madrid) 
• Universidad Europea del Atlántico 
• Universidad Intercontinental de la Empresa - UIE 
• Universidad Nebrija 
• Universidad Pontificia Comillas 
• Universidad Pontificia de Salamanca • Universidad Villanueva 
• Universidade da Coruña 
• Universidade de Santiago de Compostela 
• Universidade de Vigo 
 

 
 

05 xuño 2025

SEMANA DE PORTAS ABERTAS NA UVIGO

 


Desde a Universidade de Vigo queremos informarvos de que celebraremos a nosa Semana de Portas Abertas Virtual do 9 ao 13 de xuño. Esta actividade ten como obxectivo dar a coñecer a nosa oferta académica, os centros e as titulacións que ofrece a universidade.

 Solicitamos a vosa colaboración para difundir esta información entre o alumnado, co fin de que poidan conectarse e participar nas distintas sesións informativas programadas.

 Durante esta semana, o profesorado das diferentes titulacións realizará exposicións sobre os graos e atenderá as cuestións do estudantado sobre os seus futuros estudos.

 Toda a información sobre a programación e o acceso ás actividades está dispoñible na nosa páxina web.

29 maio 2025

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2025


 O vindeiro 3 de xuño publicarase no DOG a Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025 (código de procedemento ED311A). 

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
•    Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de bacharelato (proba PEB).
•    Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.

A proba PEB terá lugar o 18 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.

As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba PEB publicarase o día 11 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEB será de 3 días hábiles, do 12 ao 16 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEB publicarase o día 17 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)

Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) e dirixir calquera consulta ao respecto ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal


21 abril 2025

PROBAS DE APTITUDE PARA ADMISIÓN EN GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

 


DATAS DAS PROBAS:
26  de abril de 2025.
16 de xuño de 2025.
O apto nestas probas mantense ata o curso 2026/2027 e 2027/2028 incluído este. 

PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:
Para  convocatoria de abril: Do 3 ao 25 de marzo de 2025 ás 14,00h.
Para a convocatoria de xuño: Do 8 ó 28 de maio de 2025 ás 14,00h.

TAXAS DE EXAME:
69,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás dúas convocatorias. En caso de presentarse de novo á 2ª convocatoria haberá que aboar soamente o seguro de accidentes. 

EXENTOS DAS PROBAS:
Quedan eximidos da realización das probas, as persoas que se acrediten como deportista de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da Comunidade Autónoma.

LUGAR DE EXAME:
Na Facultade de C.C do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, sita na Avda. Ernesto Che Guevara, 121, Oleiros

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS: 
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse o formulario online de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición. Enlace á web onde atoparás información sobre:
  • Formulario online de inscripción en las Pruebas Específicas de Admisión
  • REGLAMENTO
  • CONVOCATORIA 

Mais información no blog de Mónica Diz Orienta 

Universidade de A Coruña  

Solicitud para las Pruebas Específicas de Admisión



 

PAU 2025

 Horario da convocatoria ordinaria das PAU 2025

CIUG 

 Datas máis importantes PAU 2025 (provisional)