O xoves día 22 de novembro, o alumnado de 4º ESO estivo de visita no EDUGAL e no MUSEO DE PONTEVEDRA. Unhas actividades organizadas polo Departamento de orientación coa colaboración dos titores deses grupos. Unha visita co obxectivo de orientación académica, formación e socialización.
27 outubro 2026
A EDUCACIÓN EMOCIONAL EN ALUMNADO TEA
A Consellería de Educación publica o manual de axuda para os centros educativos de educación emocional en alumnado con TEA.
15 setembro 2026
07 setembro 2026
27 agosto 2026
25 xuño 2026
17 xuño 2026
27 maio 2026
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
Aviso premios educación:
O vindeiro 1 de xuño publicarase no DOG a orde do 25 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2025-2026 (código de procedemento ED311A).
O procedemento de solicitude para optar aos Premios Extraordinarios de Bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
• Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos Premios Extraordinarios de Bacharelato (proba PEB).
• Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas
da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á
subvención do Premio Extraordinario de Bacharelato.
A proba PEB terá lugar o 16 de xuño de 2026. Os lugares de realización da proba publicaranse no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 2 ao 8 de xuño de 202*, ambos inclusive. A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I. Os datos cargaranse en Avalia de forma similar a como se fai con Nerta para a matrícula da PAU, seguindo as instrucións proporcionadas.
As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba
PEB publicarase o día 9 de xuño no Portal Educativo e na páxina de
PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEB será de 3 días hábiles, do 10 ao 12 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEB
publicarase o día 15 de xuño no Portal Educativo e na páxina de
PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
Achégase neste correo a documentación que pode atopar tanto no Portal Educativo como na portada da aplicación PremiosEdu.
• Orde de 25 de maio de 2026 (publicación prevista no DOG o 1 de xuño)
• Anexo I para matrícula na proba PEB
• Instrucións para os centros educativos: Matrícula na proba PEB
• Folla informativa da convocatoria. Esta folla deseñouse para darlle
difusión a estes premios entre as familias e o alumnado posible
candidato a estes premios. Se así o consideran, poden enviar unha
comunicación ás familias por Abalar ou similar.
Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) e dirixir calquera consulta ao respecto ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal
PAU 2026
A CIUG facilita esta presentación ao estudantado para coñecer o desenvolvemento da PAU 2026 e do proceso de admisión na universidade para o curso 2026/2027.
21 abril 2026
VIDEO SOBRE O ACOSO ESCOLAR
07 abril 2026
BOLSAS DO MEC - BECAS DO MEC 2026/2027
As bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEC) para Bacharelato, Formación Profesional (FP) e Universidade correspondentes ao curso 2026-2027 regúlanse polo Real Decreto 179/2026, do 11 de marzo, que fixa os limiares de renda e as contías das axudas.





















