02 abril 2024

DÍA MUNIDAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO-TEA


O trastorno do espectro do autismo (TEA) é unha condición de orixe neurobiológico que afecta á configuración do sistema nervioso e ao funcionamento cerebral. Acompaña á persoa ao longo de toda a súa vida e afecta, fundamentalmente, a dúas áreas do funcionamento persoal: 
• A comunicación e interacción social.
• A flexibilidade do pensamento e do comportamento. 
 

Hoxe no instituto, no recreo,  conmemoramos o día mundial da concienciación sobre o autismo, o TEA, coa colaboración do alumnado mediador. 
Repartiron uns marcapáxinas e unhas pulseiras azuis.
Grazas a todos/as pola colaboración. 
 

 




 

27 marzo 2024

BOLSAS 2024/2025

 

BOLSAS DA CONVOCATORIA XERAL PARA O CURSO 2024/2025

 O Ministerio de Educación e Formación Profesional publica a Resolución do 13 de marzo de 2024, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para estudantes que cursen estudos postobligatorios (FP, bacharelato e outros) ou universitarios no curso académico 2024-2025. Toda a información está dispoñible no Portal de Bolsas. 
 
O prazo para solicitar a bolsa da convocatoria xeral para o curso 2024/25 é do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. 
Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar. 
En setembro de 2024 deberás entrar de novo para confirmar ou cambiar algúns datos académicos. 
 

ESTUDOS: 
Poden solicitar estas bolsas os estudantes que estean matriculados no curso 2024-2025 nalgún dos seguintes niveis: 
- ENSINOS POSTOBLIGATORIAS NON UNIVERSITARIAS: 
• Primeiro e segundo cursos de Bacharelato. 
• Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares. 
• Ensinos artísticos profesionais. 
• Ensinos deportivos. 
• Estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia. 
• Ensinos artísticos superiores. 
• Estudos relixiosos superiores. 
• Cursos de acceso e cursos de preparación para probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e privados concertados. 
• Ciclos formativos de grao básico. 
 

 
-  ESTUDOS UNIVERSITARIOS 



 PRAZO DE SOLICITUDE
O prazo de solicitude é bastante anterior a que solicites ou che matricules nos estudos que desexas facer, desta maneira podes saber se cumpres os requisitos económicos e de canto diñeiro dispoñerías antes de matricularche neses estudos. Por tanto é imprescindible que pidas a bolsa neste prazo aínda que aínda non se abriu o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas con seguridade se vas estudar ou non. Pon os estudos máis probables e despois haberá un prazo para actualizalo. 
 
Prazo para estudos universitarios e non universitarios
Desde o 19 de marzo ata o 10 de maio do 2024 ás 15:00h
Unicamente poderán presentarse solicitudes de bolsa despois do prazo sinalado e ata o 31 de decembro de 2024 en caso de falecemento do sustentador principal da familia, ou por xubilación forzosa do mesmo que non se produza por cumprir a idade regulamentaria ocorridos despois de transcorrido devandito prazo. 
 
 
 

22 marzo 2024

CONTA CONTOS: IES DO CASTRO - VILA LAURA

O departamento de orientación, a profesora de Oratoria, coa colaboración do alumnado desa materia, preparamos unha actividade de CONTA CONTOS para o alumnado de 4º de EI do EEI VILA LAURA.

Toda unha experiencia!

Pasámolo moi ben!



13 marzo 2024

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC (UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

    Este curso os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Os mesmos teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC, están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.

    Esperamos que estas datas permitan que o estudantado poida conectarse con máis facilidade (2 días antes das vacacións de Semana Santa, e 2 días na semana de vacacións para facilitar que se podan conectar dende as súas casas coas familias).

    A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (actualizaranse os contidos da mesma a principios da próxima semana).


USC ENCONTROS VIRTUAIS

8 M

 

28 febreiro 2024

PROBAS DE AVALIACIÓN DE APTITUDES MOTRICES PARA A ADMISIÓN AOS ESTUDOS DE GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

 

Nesta páxina preséntase o formulario de inscrición en liña e documentos que fan referencia ás Probas Específicas de Admisión aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. 
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse o formulario en liña de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición.

 

FACULTADE DE CIENCIAS DO DEPORTE E A EDUCACIÓN FÍSICA

21 febreiro 2024

OS RISCOS DAS REDES SOCIAIS

COMIC: OS PERIGOS DE INTERNET

Un cómic para aprender a usar as redes sociais. 

 Xunta e Valedor editan un cómic para concienciar a mozos e pais sobre os perigos do mal uso das redes sociais 

O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo apoiaron a edición dun cómic educativo que pretende concienciar a mozos/as e pais/nais sobre os perigos do mal uso das redes sociais e da internet. A publicación, titulada 'Os perigos da internet', presenta un marcado "carácter pedagóxico", a través de "situacións realistas" que pretenden que tanto os adolescentes como os seus pais "sentan identificados". Caderno de historietas con 12 páxinas interiores máis cubertas en cor. Cómic dirixido aos escolares e as súas familias cuxo argumento viraba ao redor do ciberacoso e os problemas de perda de intimidade xurdidos dun uso inapropiado das redes sociais e internet entre os mozos que editou o Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. 


 Comic: OS PERIGOS DE INTERNET

16 febreiro 2024

AXUDANDO A CRECER CANDO CAMBIAN OS MARCOS

 

 
 
Alexandre García Caballero
Psiquiatra e Doutor en Medicina 
Novas condutas adictivas e novos patróns de relación e convivencia… un cambio social que está a deixar unha pegada importante nas novas xeracións. Nesta sesión, dirixida a profesionais da docencia, Alexandre García Caballero falará sobre como se pode traballar desde a aula para potenciar o benestar emocional dos nosos mozos. 
Psiquiatra e Doutor en Medicina, Alexandre García Caballero é o coordinador de Programas de Prevención e Promoción da Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde e coordinador do programa YAM en España. Foi Profesor asociado de Psiquiatría na Universidade de Santiago de Compostela e traballou na investigación da cognición social e o suicidio. Autor de numerosos artigos internacionais, recibiu, entre outros, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio polo seu libro “Psicopatoloxía do Retorno” e o Premio Albert Jovell de Humanización en medicina 2018. 
Na actualidade, Alexandre García Caballero é un dos principais referentes do programa Youth Aware of Mental Health -YAM en España para a prevención do suicidio entre os mozos. “Sempre existirán fontes de estrés para os menores, pero podemos mostrarlles as ondas e axudarlles a empezar a surfearlas
YAM foi avaliado en varios países da UE nunha investigación na que participaron máis de 11.000 mozos, conseguindo resultados moi positivos. En Europa, está a aplicarse en Suecia, Noruega, Reino Unido ou Austria e, desde xaneiro de 2024, a Xunta de Galicia farao de forma graduada ata alcanzar a todos os alumnos de ESO dos centros públicos e privados de Galicia en 2016.