A Concellería de Política Social lanza un novo proxecto de campamentos
de verán dixitais, da man da Fundación Esplai e o Goberno de España.
Lanzamos 132 prazas no campamento dixital CRI-TIC, que se desenvolverá
durante todo o verán no Centro de Formación de Rúa Alta, en horario de
09 a 14h., de modo que as familias tamén poidan conciliar durante o
verán. Será un campamento de achegamento ás novas tecnoloxías con moita
diversión e xogos.
O proxecto CRI-TIC, Infancia e xuventude con criterio dixital, ten como
obxectivo principal favorecer a adquisición de competencias dixitais
buscando garantir a inclusión dixital desde a infancia. Trátase de
fomentar unha actitude crítica e responsable da tecnoloxía, non só para a
aprendizaxe ou o traballo, tamén para a participación na sociedade e a
interacción social.
Envíovos adxunto o tríptico e o cartel da iniciativa.
Deste xeito, ofértanse en total 11 grupos ao longo dos meses de xuño,
xullo, agosto e primeira semana de setembro, dos cales 9 están
destinados aos/as máis pequenos/as, é dicir, de 9 a 13 anos; e 2 grupos
para os/as maiores, de 14 a 17 anos.
As solicitudes deberán realizarse na seguinte ligazón antes do 9 de xuño:
https://fundacionesplai.org/inscripcion-critic-vigo-verano/
Amosando publicacións coa etiqueta FAMILIAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FAMILIAS b>. Amosar todas as publicacións
29 maio 2025
CAMPAMENTO DIXITAL CRI-TIC,
03 xuño 2024
18 xaneiro 2024
ESCOLA DE FAMILIA
Onte mèrcores tivemos a primeira charla-reunión de ESCOLA DE FAMILIA do IES DO CASTRO deste curso; participaron as familias (pais/nais/titores e titoras legais do alumnado de 2º ESO) que se acercaron ao instituto para asistir a dita charla.
O tema era "A FAMILIA COMO FACTOR PROTECTOR FRONTE Á ADICCIÓN", que estivo a cargo de Andrea da asociación Érguete. Falou dos factores que poden influir no consumo de drogas, dos factores de protección, da intervención desde a familia...
Dito tema traballouse no primeiro trimestre co alumnado de 2º ESO nos tallares que se realizaron nas horas de titorías.
Grazas ás familias pola súa asistencia.
06 decembro 2023
02 decembro 2021
FALEMOS DE DUELO
A Fundación Mario Losantos Do Campo ( FMLC) presenta un manual práctico que axuda aos pais/nais, familias, profesorado e adultos en xeral a solucionar as súas dúbidas sobre o duelo infantil. Explica como se pode abordar o duelo en cada etapa do desenvolvemento.
19 outubro 2021
50 CURTAS PARA TRABALLAR OS VALORES
Deixámosvos unha lista, compilación das mellores curtas que se publicaron ata o momento, que cremos serviranvos para poder traballar valores cos vosos fillos/a. Para acceder á curta simplemente picade na imaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





