Amosando publicacións coa etiqueta ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. Amosar todas as publicacións

10 decembro 2024

DÍPTICOS ALGÚNS PROTOCOLOS CONSELLERÍA

Na parte dereita do blog de orientación atoparedes sempre o enlace para ver os dípticos dos protocolos de DISLEXIA, TDAH e TEA, xunto cos protocolos editados pola Consellería de educación. 




31 maio 2024

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

Recordade que soamente se admitiran aquelas solicitudes presentadas do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Estas axudas son incompatibles coa beca xeral para estudos postobrigatorios. 

Convocatoria.

Anuncio extracto convocatoria. 

 


 

02 abril 2024

DÍA MUNIDAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO-TEA


O trastorno do espectro do autismo (TEA) é unha condición de orixe neurobiológico que afecta á configuración do sistema nervioso e ao funcionamento cerebral. Acompaña á persoa ao longo de toda a súa vida e afecta, fundamentalmente, a dúas áreas do funcionamento persoal: 
• A comunicación e interacción social.
• A flexibilidade do pensamento e do comportamento. 
 

Hoxe no instituto, no recreo,  conmemoramos o día mundial da concienciación sobre o autismo, o TEA, coa colaboración do alumnado mediador. 
Repartiron uns marcapáxinas e unhas pulseiras azuis.
Grazas a todos/as pola colaboración. 
 

 




 

11 xullo 2023

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDDES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2023/2024


Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

 

Extracto da Resolución de 20 de abril de 2023

PARA ACCEDER Á SOLICITUDE DE BECA

PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR

 

 

Programas de Diversificación Curricular, curso 2023/2024

02 maio 2023

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2023-2024.


Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

 

Extracto da Resolución de 20 de abril de 2023

PARA ACCEDER Á SOLICITUDE DE BECA

27 novembro 2022

SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES - RETINOBLASTOMA


Co obxectivo de dar a coñecer o retinoblastoma e de promover a inclusión de todos os nenos e nenas nas aulas, a Fundació La Nineta dels Ulls achega unha serie de ideas e propostas didácticas para todas as idades. 
O retinoblastoma é o cancro ocular máis frecuente en menores de 6 anos e, malia que o diagnóstico precoz é fundamental para salvar a visión e a vida das persoas afectadas, o feito de que afecte a nenos/as tan pequenos/as dificulta a detección dos primeiros signos da enfermidade. Por este motivo, ademais de material didáctico para levar ás aulas e promover a inclusión, o documento achegado por esta fundación describe este trastorno e os seus síntomas máis frecuentes, cuxa detección contribúe a un diagnóstico precoz e a unha mellora na calidade de vida dos e das pacientes.
 

 

 
 

DISCAPACIDADE/DIVERSIDADE FUNCIONAL

Normalmente adoitamos tratar ás persoas con diversidade funcional coma se fosen vítimas ou non fosen capaces de vivir de maneira autónoma, en lugar de tratalas como persoas simplemente normais proporcionándolles as ferramentas e recursos necesarios para o seu día a día. 
Na comunicación tamén debemos eliminar este tipo de discriminacións favorecendo a igualdade e o respecto. A Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade emprega o termo PERSOA CON DISCAPACIDADE. Mais temos que indicar que hai asociacións, entidades e persoas que prefiren empregar o termo PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
Por iso contemplan estas dúas acepcións.  
DISCAPACIDADE: termo establecido pola OMS na Clasificación Internacional do Funcionamento, a Discapacidade e a Saúde, na que se mudan algúns conceptos como deficiencia ou manipulación.
DIVERSIDADE FUNCIONAL: proposto en España no 2005 polo Foro de Vida Independente e que pretende eliminar a negatividade na definición do colectivo e reforzar a súa esencia de diversidade. 
 

 

03 novembro 2022

DOCENCIA COMPARTIDA

A docencia compartida é unha das claves importantes para realizar unha boa inclusión e un piar fundamental na boa atención á diversidade. 
A sociedade, os centros educativos e as aulas, na actualidade, son moi diversas e heteroxéneas. Tomar conciencia diso, aceptar e valorar a diferenza e realizar propostas metodolóxicas que favorezan a inclusión de todo o alumnado dentro da aula ordinaria traballando xuntos/as, require de transformacións na forma de ensinar e aprender de forma sistemática e firme. En moitas ocasións, limitacións como os recursos, a organización do centro tradicional, a non formación do profesorado... poden chegar a dificultar unha boa atención á diversidade e outras veces, todo iso convértese en escusas, para nin sequera exporse dar o primeiro paso. 
Cambiar a mirada, para "ver" a diversidade da aula como enriquecedora, non está a ser nada fácil.
Xestionar os recursos e as intervencións desde un modelo dunha educación integradora, moitas veces fai que os recursos cos que conta o centro, non se estean aproveitando ao máximo.