03 novembro 2022

DOCENCIA COMPARTIDA

A docencia compartida é unha das claves importantes para realizar unha boa inclusión e un piar fundamental na boa atención á diversidade. 
A sociedade, os centros educativos e as aulas, na actualidade, son moi diversas e heteroxéneas. Tomar conciencia diso, aceptar e valorar a diferenza e realizar propostas metodolóxicas que favorezan a inclusión de todo o alumnado dentro da aula ordinaria traballando xuntos/as, require de transformacións na forma de ensinar e aprender de forma sistemática e firme. En moitas ocasións, limitacións como os recursos, a organización do centro tradicional, a non formación do profesorado... poden chegar a dificultar unha boa atención á diversidade e outras veces, todo iso convértese en escusas, para nin sequera exporse dar o primeiro paso. 
Cambiar a mirada, para "ver" a diversidade da aula como enriquecedora, non está a ser nada fácil.
Xestionar os recursos e as intervencións desde un modelo dunha educación integradora, moitas veces fai que os recursos cos que conta o centro, non se estean aproveitando ao máximo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.