26 novembro 2021

A MOCIDADE VIGUESA CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL

Vídeo colaborativo enmarcado dentro do programa EnlazaVigo 2021 no que participan diferentes centros de secundaria da cidade de Vigo, entre eles o noso "IES DO CASTRO". A raíz deste programa varios grupos de igualdade coordinados entre sí organizan a campaña.
 
 

VIGO EN INGLÉS 2021-2022

 

Solicitude programa municipal Vigo en Inglés 2021-2022 
A finalidade do Programa Municipal de Inmersión en Lingua InglesaVigo en Inglés” é mellorar a competencia e capacitación en lingua inglesa do alumnado de 3º e 4º ESO mediante a integración escolar nun High School en período lectivo fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional. 
A convocatoria de solicitudes de prazas para o programa Vigo en Inglés 2021-2022 desenvólvese nas páxinas web escolas.vigo.org/vigoeningles e/ ou www.vigoeningles.org.
 
O Concello de Vigo está firmemente comprometido co ofrecemento, ao meirande número posible de estudiantes vigueses, da posibilidade de perfeccionar o seu coñecemento do inglés, asemade que descobren a cultura e o sistema educativo dos países anglosaxóns. O dominio dunha segunda lingua é esencial hoxe en día, sendo o inglés, o español e o chinés as máis demandadas e con maior presencia a nivel mundial. O progama da edición 2021-2022 vai dirixido a estudantes de 4º e 3º da ESO. Desenvólvese nos meses de setembro e outubro de 2022 e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local. 
 
 Período de presentación de solicitudes:

 Do luns 22 de novembro ao martes 21 de decembro de 2021

24 novembro 2021

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Na orde 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolver o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros galego nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; establécense unha medidas de atención a diversidades ordinaria e extraordinarias. Aquí tedes un resume de todas elas.

 


ANSIEDADE ANTE OS EXAMES

Nas épocas de exames, como en calquera situación importante, estamos máis activados física e mentalmente, preparados para responder. Chamámolo “ansiedade normal”. Pero coidado! Se a ansiedade aparece de forma continua, excesiva, descontrolando condutas e pensamentos, estamos ante un problema.
 
O exame vívese antes, durante ou despois, como unha ameaza, algo insuperable, perigoso, cunha importancia esaxerada. Na base existen condutas inadecuadas antes: non estudo ata o último momento, falta de concentración, non aplico unha técnica de estudo, non me presento ao exame… durante: bloquéome ou quedo en branco, non podo pensar, abandono o exame… despois: non analizo os resultados, nin corrixo a forma de estudar, me angustio ou deprimo, decido deixalo todo… 
 
A ansiedade a nivel físico con alteracións de soño, na alimentación, sensación de paralización ou hiperactivación, dor de estómago, náuseas… No control dos pensamentos ansiógenos está a clave: non vou aprobar, non me vai a dar tempo, se non o levo ben non me presento, son peor que os demais, non valgo para isto, aos outros lles custa menos, váiseme a esquecer, é horroroso!, lévoo fatal… Estes pensamentos non son operativos: 
• Non son reais. 
• Non facilitan metas de conduta: estudar, presentarse, aprobar. 
• Non facilitan metas de emoción: sentirse ben, con tranquilidade e seguridade. 
• Réstanche enerxía para estudar e render no exame. 
 
-Aprende a detectalos: cando te sintas mal, escribe todo o que pensas da situación ou de tí.
-Contrástaos co real e cuéstionaos: analiza se o que pensas reflicte a realidade, ou son algo esaxerados, negativos, pouco relativos e xeneralizan demasiado como: todo sáeme mal, sempre me sairá mal! realmente é certo? 
-Crea outros máis concretos, positivos e reais: vou dar unha oportunidade; non podo adiviñar o futuro; vou facelo o mellor que saiba; o perfecto non é posible, o adecuado si; vou estudar o que me dea tempo. -Se suspendo poderei soportalo, aínda que non me guste, podo aprender das equivocacións… 
 Adéstrache en cambiar os pensamentos antigos polos novos, tantas veces como sexa necesario. 
 
Canto antes empezos, máis resultados obterás. 
 

 

PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL: ROMPIENDO ESQUEMAS

 

19 novembro 2021

FARTAS PERO IMPARÁBEIS!

FARTAS PERO IMPARÁBEIS! é unha proposta de STEG, Asamblea de Mulleres e confederación intersindical organización de mulleres, cunhas unidades didácticas para todos os niveis educativos para traballar para o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres


Con estas actividades pretenden contribuír a configurar un currículo non sexista, onde superemos a histórica invisibilidade das mulleres e onde ensinar e aprender a construír a igualdade entre mulleres e homes. Apórtanse materiais e estratexias que permitan detectar e combater situacións e condutas que conducen á violencia contra as mulleres, ao mesmo tempo que favorece cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que nos leven a construír unha convivencia entre todas as persoas rexida polos principios de xustiza social, equidade e igualdade.

12 novembro 2021

ADAPTACIÓNS CURRICULARES - ADAPTACIÓNS DO CURRÍCULO

 

ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación