24 novembro 2021

ANSIEDADE ANTE OS EXAMES

Nas épocas de exames, como en calquera situación importante, estamos máis activados física e mentalmente, preparados para responder. Chamámolo “ansiedade normal”. Pero coidado! Se a ansiedade aparece de forma continua, excesiva, descontrolando condutas e pensamentos, estamos ante un problema.
 
O exame vívese antes, durante ou despois, como unha ameaza, algo insuperable, perigoso, cunha importancia esaxerada. Na base existen condutas inadecuadas antes: non estudo ata o último momento, falta de concentración, non aplico unha técnica de estudo, non me presento ao exame… durante: bloquéome ou quedo en branco, non podo pensar, abandono o exame… despois: non analizo os resultados, nin corrixo a forma de estudar, me angustio ou deprimo, decido deixalo todo… 
 
A ansiedade a nivel físico con alteracións de soño, na alimentación, sensación de paralización ou hiperactivación, dor de estómago, náuseas… No control dos pensamentos ansiógenos está a clave: non vou aprobar, non me vai a dar tempo, se non o levo ben non me presento, son peor que os demais, non valgo para isto, aos outros lles custa menos, váiseme a esquecer, é horroroso!, lévoo fatal… Estes pensamentos non son operativos: 
• Non son reais. 
• Non facilitan metas de conduta: estudar, presentarse, aprobar. 
• Non facilitan metas de emoción: sentirse ben, con tranquilidade e seguridade. 
• Réstanche enerxía para estudar e render no exame. 
 
-Aprende a detectalos: cando te sintas mal, escribe todo o que pensas da situación ou de tí.
-Contrástaos co real e cuéstionaos: analiza se o que pensas reflicte a realidade, ou son algo esaxerados, negativos, pouco relativos e xeneralizan demasiado como: todo sáeme mal, sempre me sairá mal! realmente é certo? 
-Crea outros máis concretos, positivos e reais: vou dar unha oportunidade; non podo adiviñar o futuro; vou facelo o mellor que saiba; o perfecto non é posible, o adecuado si; vou estudar o que me dea tempo. -Se suspendo poderei soportalo, aínda que non me guste, podo aprender das equivocacións… 
 Adéstrache en cambiar os pensamentos antigos polos novos, tantas veces como sexa necesario. 
 
Canto antes empezos, máis resultados obterás. 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.