Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES. Amosar todas as publicacións

17 febreiro 2026

ENTROIDO 2026

 

 

VIDEO DA FESTA DO ENTROIDO 2026 IES DO CASTRO 

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA - PROGRAMA A PONTE

Santiago de Compostela para visitar, pola mañá, dúas facultades dos campus da Universidade. Logo comeremos no comedor universitario da facultade de Matemáticas, faremos un percorrido pola parte vella de Santiago e visitaremos un Museo do Pobo Galego. 
 

 


05 decembro 2025

DÍA 3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PEROSAS CON DISCAPACIDADE.

 O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como sensibilizar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O grupo de mediadores fixemos un paraugas para participar no concurso dunha asociación de discapacidade e outro para o noso centro. O lema BAIXO O MESMO PARAUGAS. 

Aquí tedes unhas fotos entregando as pulseiras brancas para conmemorar este día.  


 

03 decembro 2025

UNITOUR 2025

 


O luns 15 de decembro de 2025, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 20ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo. 
O IES DO CASTRO xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 2º bacharelato, que terán que traer previamente autorización. 
Horario de visita a UNITOUR: A saída do instituto será ás 9:00 horas e o regreso sobre as 11:45 horas. En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento. 
Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15:30 a 17:00 horas, a entrada será libre para todos os asistentes. 
 

Lembramos que é OBRIGATORIO, control de acceso mediante código QR. TODOLOS ALUMNOS/AS e DOCENTES deben rexistrarse en UNITOUR no siguinte enlace:

 

🔗Inscríbete aquí en UNITOUR Vigo

 

25 novembro 2025

25 N NO IES DO CASTRO

 




ALTO! Non violencia



 

PROPOSTA DIDÁCTICA PARA O 25 N


 

    A data do 25 de novembro como Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres foi aprobada a proposta da República Dominicana en honor das irmáns Mirabal vítimas deste maltrato. O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro.

29 maio 2025

CAMPAMENTO DIXITAL CRI-TIC,

A Concellería de Política Social lanza un novo proxecto de campamentos de verán dixitais, da man da Fundación Esplai e o Goberno de España.

Lanzamos 132 prazas no campamento dixital CRI-TIC, que se desenvolverá durante todo o verán no Centro de Formación de Rúa Alta, en horario de 09 a 14h., de modo que as familias tamén poidan conciliar durante o verán. Será un campamento de achegamento ás novas tecnoloxías con moita diversión e xogos.

O proxecto CRI-TIC, Infancia e xuventude con criterio dixital, ten como obxectivo principal favorecer a adquisición de competencias dixitais buscando garantir a inclusión dixital desde a infancia. Trátase de fomentar unha actitude crítica e responsable da tecnoloxía, non só para a aprendizaxe ou o traballo, tamén para a participación na sociedade e a interacción social.

Envíovos adxunto o tríptico e o cartel da iniciativa.

 Deste xeito, ofértanse en total 11 grupos ao longo dos meses de xuño, xullo, agosto e primeira semana de setembro, dos cales 9 están destinados aos/as máis pequenos/as, é dicir, de 9 a 13 anos; e 2 grupos para os/as maiores, de 14 a 17 anos.

As solicitudes deberán realizarse na seguinte ligazón antes do 9 de xuño:

https://fundacionesplai.org/inscripcion-critic-vigo-verano/


 

26 marzo 2025

VISITA A FP-INN25

 Hoxe o alumnado de 2º ESO estivemos en Santiago de Compostela, visitamos a Praza do Obradoiro, a Catedral, o Museo do Pobo Galego e pola tarde estivemos en FP_inn25