Amosando publicacións coa etiqueta ORIENTACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ORIENTACIÓN. Amosar todas as publicacións

07 abril 2026

BOLSAS DO MEC - BECAS DO MEC 2026/2027


As bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEC) para Bacharelato, Formación Profesional (FP) e Universidade correspondentes ao curso 2026-2027 regúlanse polo Real Decreto 179/2026, do 11 de marzo, que fixa os limiares de renda e as contías das axudas. 
Estas axudas están dirixidas a estudantes que vaian cursar ensinos postobligatorias, e a súa concesión dependerá principalmente da situación económica familiar e do cumprimento dos requisitos académicos establecidos. Para solicitar a bolsa do Ministerio de Educación (MEC) para o curso 2026-2027, debes realizar o trámite integramente de forma en liña a través da Sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. 
O prazo de solicitude das bolsas xerais para o curso 2026/2027 estará aberto desde o 7 de abril de 2026 ás 08.00 horas ata o 18 de maio de 2026 ás 15.00 horas (hora peninsular), ambos inclusive. 
 
 

03 decembro 2025

UNITOUR 2025

 


O luns 15 de decembro de 2025, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 20ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo. 
O IES DO CASTRO xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 2º bacharelato, que terán que traer previamente autorización. 
Horario de visita a UNITOUR: A saída do instituto será ás 9:00 horas e o regreso sobre as 11:45 horas. En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento. 
Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15:30 a 17:00 horas, a entrada será libre para todos os asistentes. 
 

Lembramos que é OBRIGATORIO, control de acceso mediante código QR. TODOLOS ALUMNOS/AS e DOCENTES deben rexistrarse en UNITOUR no siguinte enlace:

 

🔗Inscríbete aquí en UNITOUR Vigo

 

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN CONTRA A VIOLENCIA NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA NO ÁMBITO EDUCATIVO

 A Consellería de Educación publicou o Protocolo de actuación contra a violencia na infancia e na adolescencia no ámbito educativo. 

Con este protocolo oriéntase o procedemento de prevención e actuación coordinada nun centro educativo cando se detecta unha posible situación de violencia, do tipo que sexa, hacia un menor, para garantir a súa protección.


 
Protocolo de actuación contra a violencia na infancia e na adolescencia no ámbito educativo

13 outubro 2025

UNITOUR - SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA 2025


O luns 15 de decembro de 2025, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 20ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo. 
O IES DO CASTRO xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 2º bacharelato, que terán que traer previamente autorización. 
Horario de visita a UNITOUR: A saída do instituto será ás 9:00 horas e o regreso sobre as 11:45 horas. En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento. 
Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15:30 a 17:00 horas, a entrada será libre para todos os asistentes. 
 



 CENTROS PARTICIPANTES 
• Centro Superior de Hostelería de Galicia 
• CESUGA University 
• CUNEF Universidad 
• ESADE Business & Law School 
• Escuela Universitaria de Artes TAI 
• ESIC University 
• ESNE - Escuela Universitaria de Diseño Innovación y Tecnología 
• GLION Institute of Higher Education 
• IE University 
• IEB • ISDE 
• Les Roches Global Hospitallity Education 
• L´IDEM Barcelona Francia 
• Resa - Residencias Universitarias 
• U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital • Universidad Camilo José Cela 
• Universidad de Deusto 
• Universidad de Navarra 
• Universidad Europea (Campus de Madrid) 
• Universidad Europea del Atlántico 
• Universidad Intercontinental de la Empresa - UIE 
• Universidad Nebrija 
• Universidad Pontificia Comillas 
• Universidad Pontificia de Salamanca • Universidad Villanueva 
• Universidade da Coruña 
• Universidade de Santiago de Compostela 
• Universidade de Vigo 
 

 
 

12 decembro 2024

SERVICIO MULTICANAL DE INFORMACIÓN Y ORIENTACIÓN FAMILIAR

 Queremos dar a conocer nuestro Servicio de Información y Orientación Familiar gratuito y confidencial de Fad Juventud (SIOF), donde atendemos anualmente a más de 6.000 personas, entre ellos padres y madres que necesiten orientación para afrontar situaciones y problemas surgidos en el ámbito familiar con sus hijas e hijos . 

Tu consulta será atendida de manera confidencial y anónima por nuestro equipo de profesionales y voluntariado. Puedes contactarnos de lunes a viernes, de 9 a 21 horas a través de los siguientes canales

  Por teléfono: 
900 16 15 15



Por email: consultas@fad.es

Por WhatsApp: 681 155 160 
Si tienes entre 15 y 29 años, tu WhatsApp es el 623 22 05 70

 

10 decembro 2024

DÍPTICOS ALGÚNS PROTOCOLOS CONSELLERÍA

Na parte dereita do blog de orientación atoparedes sempre o enlace para ver os dípticos dos protocolos de DISLEXIA, TDAH e TEA, xunto cos protocolos editados pola Consellería de educación. 




15 novembro 2024

USO RESPONSABLE DAS NOVAS TECNOLOXÍA NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA

 Enlaces a tres capítulos dun programa de televisión sobre o uso responsable das novas tecnoloxías na infancia e na adolescencia para que valoredes a súa posible utilización como material de traballo coa comunidade educativa. 

Os contidos do programa contan co asesoramento do profesor universitario Antonio Rial Boubeta, unha das persoas de referencia na investigación desta temática a nivel estatal.

https://www.agalega.gal/videos/detail/175534-acoso-escolar-e-ciberacoso

https://www.agalega.gal/videos/detail/175546-as-redes-sociais

https://www.agalega.gal/videos/detail/175508-o-papel-dos-proxenitores