Aviso premios educación:
O vindeiro 1 de xuño publicarase no DOG a orde do 25 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2025-2026 (código de procedemento ED311A).
O procedemento de solicitude para optar aos Premios Extraordinarios de Bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
• Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos Premios Extraordinarios de Bacharelato (proba PEB).
• Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas
da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á
subvención do Premio Extraordinario de Bacharelato.
A proba PEB terá lugar o 16 de xuño de 2026. Os lugares de realización da proba publicaranse no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 2 ao 8 de xuño de 202*, ambos inclusive. A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I. Os datos cargaranse en Avalia de forma similar a como se fai con Nerta para a matrícula da PAU, seguindo as instrucións proporcionadas.
As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba
PEB publicarase o día 9 de xuño no Portal Educativo e na páxina de
PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEB será de 3 días hábiles, do 10 ao 12 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEB
publicarase o día 15 de xuño no Portal Educativo e na páxina de
PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
Achégase neste correo a documentación que pode atopar tanto no Portal Educativo como na portada da aplicación PremiosEdu.
• Orde de 25 de maio de 2026 (publicación prevista no DOG o 1 de xuño)
• Anexo I para matrícula na proba PEB
• Instrucións para os centros educativos: Matrícula na proba PEB
• Folla informativa da convocatoria. Esta folla deseñouse para darlle
difusión a estes premios entre as familias e o alumnado posible
candidato a estes premios. Se así o consideran, poden enviar unha
comunicación ás familias por Abalar ou similar.
Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) e dirixir calquera consulta ao respecto ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal






