29 maio 2025

CAMPAMENTO DIXITAL CRI-TIC,

A Concellería de Política Social lanza un novo proxecto de campamentos de verán dixitais, da man da Fundación Esplai e o Goberno de España.

Lanzamos 132 prazas no campamento dixital CRI-TIC, que se desenvolverá durante todo o verán no Centro de Formación de Rúa Alta, en horario de 09 a 14h., de modo que as familias tamén poidan conciliar durante o verán. Será un campamento de achegamento ás novas tecnoloxías con moita diversión e xogos.

O proxecto CRI-TIC, Infancia e xuventude con criterio dixital, ten como obxectivo principal favorecer a adquisición de competencias dixitais buscando garantir a inclusión dixital desde a infancia. Trátase de fomentar unha actitude crítica e responsable da tecnoloxía, non só para a aprendizaxe ou o traballo, tamén para a participación na sociedade e a interacción social.

Envíovos adxunto o tríptico e o cartel da iniciativa.

 Deste xeito, ofértanse en total 11 grupos ao longo dos meses de xuño, xullo, agosto e primeira semana de setembro, dos cales 9 están destinados aos/as máis pequenos/as, é dicir, de 9 a 13 anos; e 2 grupos para os/as maiores, de 14 a 17 anos.

As solicitudes deberán realizarse na seguinte ligazón antes do 9 de xuño:

https://fundacionesplai.org/inscripcion-critic-vigo-verano/


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.