29 maio 2025

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2025


 O vindeiro 3 de xuño publicarase no DOG a Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025 (código de procedemento ED311A). 

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
•    Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de bacharelato (proba PEB).
•    Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.

A proba PEB terá lugar o 18 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.

As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba PEB publicarase o día 11 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEB será de 3 días hábiles, do 12 ao 16 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEB publicarase o día 17 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)

Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) e dirixir calquera consulta ao respecto ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.