FARTAS PERO IMPARÁBEIS! é unha proposta de STEG, Asamblea de Mulleres e confederación intersindical organización de mulleres, cunhas unidades didácticas para todos os niveis educativos para traballar para o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Con estas actividades pretenden contribuír a configurar un currículo non sexista, onde superemos a histórica invisibilidade das mulleres e onde ensinar e aprender
a construír a igualdade entre mulleres e homes. Apórtanse materiais e estratexias que permitan detectar e combater situacións e condutas que conducen á violencia contra as mulleres, ao mesmo tempo que favorece cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que nos leven a construír unha convivencia entre todas as persoas rexida polos principios de xustiza social, equidade e igualdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.