Normalmente adoitamos tratar ás persoas con diversidade funcional coma se fosen vítimas ou non fosen capaces de vivir de maneira autónoma, en lugar de tratalas como persoas simplemente normais proporcionándolles as ferramentas e recursos necesarios para o seu día a día.
Na comunicación tamén debemos eliminar este tipo de discriminacións favorecendo a igualdade e o respecto.
A Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade emprega o termo PERSOA CON DISCAPACIDADE. Mais temos que indicar que hai asociacións, entidades e persoas que prefiren empregar o termo PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.
Por iso contemplan estas dúas acepcións.
DISCAPACIDADE: termo establecido pola OMS na Clasificación Internacional do Funcionamento, a Discapacidade e a Saúde, na que se mudan algúns conceptos como deficiencia ou manipulación.
DIVERSIDADE FUNCIONAL: proposto en España no 2005 polo Foro de Vida Independente e que pretende eliminar a negatividade na definición do colectivo e reforzar a súa esencia de diversidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.