13 marzo 2024

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC (UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

    Este curso os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Os mesmos teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC, están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.

    Esperamos que estas datas permitan que o estudantado poida conectarse con máis facilidade (2 días antes das vacacións de Semana Santa, e 2 días na semana de vacacións para facilitar que se podan conectar dende as súas casas coas familias).

    A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (actualizaranse os contidos da mesma a principios da próxima semana).


USC ENCONTROS VIRTUAIS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.