28 febreiro 2024

PROBAS DE AVALIACIÓN DE APTITUDES MOTRICES PARA A ADMISIÓN AOS ESTUDOS DE GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

 

Nesta páxina preséntase o formulario de inscrición en liña e documentos que fan referencia ás Probas Específicas de Admisión aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. 
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse o formulario en liña de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición.

 

FACULTADE DE CIENCIAS DO DEPORTE E A EDUCACIÓN FÍSICA

21 febreiro 2024

OS RISCOS DAS REDES SOCIAIS

COMIC: OS PERIGOS DE INTERNET

Un cómic para aprender a usar as redes sociais. 

 Xunta e Valedor editan un cómic para concienciar a mozos e pais sobre os perigos do mal uso das redes sociais 

O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo apoiaron a edición dun cómic educativo que pretende concienciar a mozos/as e pais/nais sobre os perigos do mal uso das redes sociais e da internet. A publicación, titulada 'Os perigos da internet', presenta un marcado "carácter pedagóxico", a través de "situacións realistas" que pretenden que tanto os adolescentes como os seus pais "sentan identificados". Caderno de historietas con 12 páxinas interiores máis cubertas en cor. Cómic dirixido aos escolares e as súas familias cuxo argumento viraba ao redor do ciberacoso e os problemas de perda de intimidade xurdidos dun uso inapropiado das redes sociais e internet entre os mozos que editou o Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. 


 Comic: OS PERIGOS DE INTERNET

16 febreiro 2024

AXUDANDO A CRECER CANDO CAMBIAN OS MARCOS

 

 
 
Alexandre García Caballero
Psiquiatra e Doutor en Medicina 
Novas condutas adictivas e novos patróns de relación e convivencia… un cambio social que está a deixar unha pegada importante nas novas xeracións. Nesta sesión, dirixida a profesionais da docencia, Alexandre García Caballero falará sobre como se pode traballar desde a aula para potenciar o benestar emocional dos nosos mozos. 
Psiquiatra e Doutor en Medicina, Alexandre García Caballero é o coordinador de Programas de Prevención e Promoción da Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde e coordinador do programa YAM en España. Foi Profesor asociado de Psiquiatría na Universidade de Santiago de Compostela e traballou na investigación da cognición social e o suicidio. Autor de numerosos artigos internacionais, recibiu, entre outros, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio polo seu libro “Psicopatoloxía do Retorno” e o Premio Albert Jovell de Humanización en medicina 2018. 
Na actualidade, Alexandre García Caballero é un dos principais referentes do programa Youth Aware of Mental Health -YAM en España para a prevención do suicidio entre os mozos. “Sempre existirán fontes de estrés para os menores, pero podemos mostrarlles as ondas e axudarlles a empezar a surfearlas
YAM foi avaliado en varios países da UE nunha investigación na que participaron máis de 11.000 mozos, conseguindo resultados moi positivos. En Europa, está a aplicarse en Suecia, Noruega, Reino Unido ou Austria e, desde xaneiro de 2024, a Xunta de Galicia farao de forma graduada ata alcanzar a todos os alumnos de ESO dos centros públicos e privados de Galicia en 2016.
 

01 febreiro 2024

PROGRAMA A PONTE- USC 2024


O mércores día 31 de xaneiro de 2024 o alumnado de 1º de bacharelato visitaba a cidade de Santiago de Compostela, acompañado por profesorado do centro, coñecía pola mañá algunha facultade da súa elección, a mediodía comeron no comedor universitario e pola tarde visitamos o Museo do Pobo Galego. 
 

30 DE XANEIRO 2024, DÍA DA PAZ-APERTAS DE BALDE

Como cada ano, o departamento de orientación celebrou o día da Paz co alumnado de 4º ESO. Este curso estivemos en dous centros: fumos ao CEP FLEMING para entregar uns calendarios e unhas apertas ao alumnado e aos mestres/asde 6º de EP que virán o próximo curso para o noso centro, e fixéronlle unha entrevista inicial. 

Logo estivemos facendo entrega dos "ladrillos da Paz"que fixemos no insituto, ao EEI VILA LAURA. Alí participamos da festa que tiñan organizada os máis pequenos. 

E para rematar, un momento dulce, comemos unhas fresas azucaradas e con nata. Unha delicia.