20 decembro 2024

BO NADAL


 O Departamento de Orientacion desexavos unhas Felices Festas de Nadal e un Próspero 2025

12 decembro 2024

SERVICIO MULTICANAL DE INFORMACIÓN Y ORIENTACIÓN FAMILIAR

 Queremos dar a conocer nuestro Servicio de Información y Orientación Familiar gratuito y confidencial de Fad Juventud (SIOF), donde atendemos anualmente a más de 6.000 personas, entre ellos padres y madres que necesiten orientación para afrontar situaciones y problemas surgidos en el ámbito familiar con sus hijas e hijos . 

Tu consulta será atendida de manera confidencial y anónima por nuestro equipo de profesionales y voluntariado. Puedes contactarnos de lunes a viernes, de 9 a 21 horas a través de los siguientes canales

  Por teléfono: 
900 16 15 15



Por email: consultas@fad.es

Por WhatsApp: 681 155 160 
Si tienes entre 15 y 29 años, tu WhatsApp es el 623 22 05 70

 

10 decembro 2024

DÍPTICOS ALGÚNS PROTOCOLOS CONSELLERÍA

Na parte dereita do blog de orientación atoparedes sempre o enlace para ver os dípticos dos protocolos de DISLEXIA, TDAH e TEA, xunto cos protocolos editados pola Consellería de educación. 




08 decembro 2024

UNITOUR

Lembramos que é OBLIGATORIO, control de acceso mediante código QR.  

Todos o alumnado e os docentes terán que rexistrarse no seguinte enlace para poder entrar.

https://www.unitour.es/inscripcion-online/vigo

 

 

 UNITOUR (2º BACHARELATO)

            O martes 17 de decembro de 2024, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 19ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

            O IES  DO CASTRO  xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 2º bacharelato, que terán que traer  previamente autorización,

Horario de visita a UNITOUR:

            A saída será pola mañá e durará aproximadamente 3 horas. A saída do instituto será ás 9:00 horas e o regreso sobre as 11:45 horas.

            En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

            Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato.

            Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15:30 a 17:00 horas, a entrada será libre para todos os asistentes.

 

CENTROS PARTICIPANTES (listado completo)

·  Centro Superior de Hostelería de Galicia

·  CESUGA University

·  CUNEF Universidad

·  ESADE Business & Law School

·  Escuela Universitaria de Artes TAI

·  ESIC University

·  ESNE - Escuela Universitaria de Diseño Innovación y Tecnología

·  GLION Institute of Higher Education

·  IE University

·  IEB

·  ISDE

·  Les Roches Global Hospitallity Education

·  L´IDEM Barcelona Francia

·  Resa - Residencias Universitarias

·  U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital

·  Universidad Camilo José Cela

·  Universidad de Deusto

·  Universidad de Navarra

·  Universidad Europea (Campus de Madrid)

·  Universidad Europea del Atlántico

·  Universidad Intercontinental de la Empresa - UIE


·  Universidad Nebrija

·  Universidad Pontificia Comillas

·  Universidad Pontificia de Salamanca

·  Universidad Villanueva

·  Universidade da Coruña

·  Universidade de Santiago de Compostela

·  Universidade de Vigo

 


 

 

FELICITACIÓNS SECRETAS POR NADAL – A idea máis fermosa.

A importancia que ten a auconcepto no proceso de formación das persoas é por todos moi coñecida. As veces esquecemos de dicir as cosas boas aos rapaces e rapazas  non só nos centros educativos se non tamén os seus pais na casa.

 MOI INTERESANTE PARA 1º ESO.    DURACIÓN: 1  SESIÓN DE TITORÍA

A IDEA MÁIS FERMOSA

Fonte: El Adarve: Blog de Miguel Ángel Santos Guerra. http://apoegal.blogia.com (24/01/08)

 A Editorial Lumen puxo en circulación unha historia que me chamou a atención polo seu contido didáctico. Aviva a reflexión sobre a relación educativa que cos fillos/as e alumnos/as temos os pais/nais e os profesores/as.

                 Certo día unha mestra pediu aos seus alumnos que puxesen os nomes dos seus compañeiros de clase nunha folla de papel, deixando un espazo entre nome e nome. Despois pediulles que pensasen na cousa máis fermosa que puidesen dicir de cada un dos seus compañeiros e que o escribisen debaixo do seu nome. A medida que os alumnos deixaban o aula, entregaban á mestra a folla de papel.

                Durante a fin de semana a mestra escribiu o nome de cada un dos seus alumnos en follas separadas de papel e copiou nelas todas as cousas fermosas que cada un dos compañeiros escribira acerca del.

                O luns entregou a cada alumno a súa lista. Case inmediatamente todos os alumnos da clase estaban sorrindo. É verdade? escoitou ela a alguén como nun rumoreo. “Eu non souben nunca que podía significar algo para alguén”, “eu non sabía que os meus compañeiros me quixesen tanto”, eran os comentarios mais frecuentes.

                Ninguén volveu mencionar aqueles papeis en clase A mestra nunca soubo se eles comentaron o seu contido con algúns compañeiros ou cos seus pais, pero iso non era o importante.

                O exercicio cumprira o seu propósito.

                Aquel grupo de alumnos seguiu adiante e progresou nos seus estudos. Varios anos máis tarde, un dos estudantes foi morto na guerra de Vietnam e a mestra asistiu ao seu funeral. Non vira nunca antes a un soldado no seu cadaleito militar. A igrexa estaba chea de familiares e amigos. Un a un, aqueles que tanto o apreciaban camiñaron paseniñamente para darlle o último adeus. A mestra foi a última en achegarse ao cadaleito.

                 Mentres estaba alí, un dos soldados que actuaba como garda de honra achegouse a ela e preguntoulle: ”¿Era vostede a profesora de matemáticas de Marcos?” 

                Ela dixo que si.

                Entón el dixo: ”Marcos falaba moito de vostede”.

                Despois do funeral a maioría dos compañeiros de Marcos foron a unha merenda. Alí estaban tamén os pais de Marcos, obviamente desexando falar coa súa profesora.

                ”Queriamos mostrarlle algo”, dixo o pai sacando do seu peto unha pequena carteira. “Atopárono na roupa de Marcos cando o mataron. Pensamos que ó mellor vostede o recoñecería”.

                Abrindo a carteiriña, sacou coidadosamente uns anacos de papel gastados que el pegara con cinta e que se vía que foran abertos e pechados moitas veces.

                A mestra deuse conta aínda sen mirar moito que era a folla na que ela rexistrara todas as cousas fermosas que os compañeiros de Marcos escribiran acerca del.

                ”Grazas por facer o que fixo, dixo a nai de Marcos. Como vostede ve, Marcos gardábao como un tesouro”.

 
Prodigamos queixas, reproches, descualificacións, correccións, consellos, avisos... Pero somos máis parcos cando se trata de facer comentarios positivos.

Parece que nos custa recoñecer acertos e calidades, manifestar a admiración e o afecto. Existe unha certa racanería á hora de dicirlle aos outros que é o que nos gusta ou emociona deles. Somos máis dados a descalificar que a felicitar.

 Alguén podería dicir que o importante é obter bos resultados no Informe PISA, que o demais son parvadas. Non o son. Pode ser unha parvada aquilo que nos fai ser felices ou desgraciados? O día que o Informe PISA se preocupe por valorar as actitudes e os valores, outro galo nos ha cantar. E ademais, para obter bos resultados nese Informe ou en calquera outro, é necesario cultivar unha disposición emocional favorable á aprendizaxe.

 

VIDEO