28 xaneiro 2022
18 xaneiro 2022
KTORCE 18: PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS
ARELA, dará unhas charlas divugativas para 3º ESO C e 3º ESO D, nos que se pretende informar sobre como previr os delitos.
Para cada taller temos uns cuestionarios a través da web da Fundación Barrié que precisamos que sexan cubertos, é moi importante para nos poder medir o impacto da aprendizaxe, polo que te agradezo que insistas moito niso.
A charla de prevención de condutas infractoras ten un cuestionario pre (antes do taller) e un cuestionario post (despois do taller). As contrasinais son 1418.
O enlace É:
https://fundacionbarrie.org/Ktorce-18 e os link para cada momento son os seguintes:
Para a charla Ktorce-18 de prevención de conductas infractores terían que cubrir:
-1º previo á realización do taller, o seguinte cuestionario cuxa contrasinal de acceso é: 1418 https://docs.google.com/forms/d/17DqhXakRfNcdd2num9i0VZmli1HlNJ3FbyPBlU8WaqA/viewform?edit_requested=true
-2º unha vez finalizado o taller, cubrirían o cuestionario posterior coa mesma contrasinal de acceso: 1418 https://docs.google.com/forms/d/1s57_5Sp52gJtA8wjdU9bqLKHTIz5lxxGewpOOeavYQI/viewform?edit_requested=true
CHARLAS:
VENRES, DÍA 28 DE XANEIRO 2022
9:00 - 10:40 H: 3º ESO D
10:40 - 12:50 H: 3º ESO C
13 xaneiro 2022
09 xaneiro 2022
A ANSIEDADE
A ansiedade pode describirse como un sentimento de inquietude, nerviosismo, preocupación, temor ou pánico polo que está a piques de ocorrer ou pode ocorrer. Mentres que o medo é a emoción que sentimos en presenza dunha ameaza, a ansiedade é unha sensación dun perigo, problema ou ameaza que está por suceder.
Como saber se o que teño é ansiedade?
Os signos e síntomas da ansiedade máis comúns inclúen os seguintes:
- Sensación de nerviosismo,
- Axitación ou tensión.
- Sensación de perigo inminente, pánico ou catástrofe.
- Aumento do ritmo cardíaco.
- Respiración acelerada ( hiperventilación).
- Sudoración. Tremores.
- Sensación de debilidade.
A CARREIRA DO PRIVILEXIO
Si nalgún momento os profesores e profesoras de cursos superiores queredes traballar os conceptos de liberdade, igualdade, xustiza social, .... acá tedes un video para comezar.
ABAU 2022 -ALUMNADO CON NEAE
As adaptacións que pode prestar a CiUG están recollidas nos Anexos I e III. Só se farán adaptacións para estudantes que xa tiveron estas adaptacións no Bacharelato ou Formación Profesional. Estas medidas poderán consistir na adaptación dos tempos, a elaboración de modelos especiais de exame e a posta a disposición do estudante dos medios materiais e humanos, das asistencias e apoios e das axudas técnicas que precise para a realización das avaliacións e probas que establezan as Universidades, así como na garantía de accesibilidade á información e a comunicación dos procedementos e ao recinto ou espazo físico onde estes se desenvolvan. Prazo de solicitudes
Para que a CiUG poida levar a cabo as medidas que se determinen, a data límite para o envío de solicitudes será o 04/02/2022, salvo casos excepcionais que xurdan con posterioridade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)