A ansiedade pode describirse como un sentimento de inquietude, nerviosismo, preocupación, temor ou pánico polo que está a piques de ocorrer ou pode ocorrer. Mentres que o medo é a emoción que sentimos en presenza dunha ameaza, a ansiedade é unha sensación dun perigo, problema ou ameaza que está por suceder.
Como saber se o que teño é ansiedade?
Os signos e síntomas da ansiedade máis comúns inclúen os seguintes:
- Sensación de nerviosismo,
- Axitación ou tensión.
- Sensación de perigo inminente, pánico ou catástrofe.
- Aumento do ritmo cardíaco.
- Respiración acelerada ( hiperventilación).
- Sudoración. Tremores.
- Sensación de debilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.