26 marzo 2023

BOLSAS MEC

Os prazos da nova Convocatoria de bolsas xerais de estudos para niveis postobrigatorios. 
O prazo para solicitar as bolsas para o curso 2023/2024 será dende o vindeiro 27 de marzo ata o 17 de maio
É importante que o alumnado pida a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde nin si van seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderán pedir para o curso 23/24 (os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderán acceder de novo á solicitude para modificalos). 
Tamén vos recordamos que o alumnado de ESO que teñan intención ou sexan candidatos a cursar FP Básica no curso 23/24 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela. 
A convocatoria das bolsas de Apoio Específico sairá, previsiblemente, coma o ano pasado, a mediados de maio.

ENLACE SOLICITUDE BOLSA-BECA

21 marzo 2023

APRENDENDO A ESTUDAR

 

                                                                Aprendendo a estudar

GRAOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA CURSO 2022/2023

 



NON É BULLYING TODO O QUE PARECE

Estratexias para defenderse de compañeiros burlóns «Non é bullying todo o que parece», afirma con rotundidade Inés Monxas Casares, psicóloga experta en habilidades sociais e asertividade. Segundo ela, problemas cotiáns de convivencia (unha pelexa, un insulto, un conflito entre dous amigos/as...) se etiquetan con demasiada rapidez como acoso escolar cando en realidade son conflitos interpersoais propios de calquera grupo de persoas. 
Cando o centro educativo ou a propia familia actúan tomando as rendas do asunto, sen dar aos implicados a opción de tentar resolver o conflito por si mesmos, estáselles privando da oportunidade de poñer en práctica as súas habilidades sociais. 
Estas destrezas son as respostas que nos permiten relacionarnos cos demais de forma satisfactoria. Os nenos/as non nacen sabendo xogar, iniciar conversacións ou solucionar conflitos de forma construtiva. Van aprendendo a través da observación de modelos de referencia (como os seus pais) e sobre todo interactuando co seu grupo de iguais. 
Na infancia e a adolescencia resulta especialmente importante manexar as seguintes habilidades sociais:
• Saudar, sorrir 
• Unirse a un grupo 
• Solucionar conflitos 
• Expresar enfado sen perder o control 
• Resistirse ás presións do grupo 
• Traballar en equipo 
• Poñerse no lugar doutro 
• Responder de forma adecuada a bromas ou burlas 
 
Nesta última habilidade social centrámonos nesta ocasión, e para iso recorremos ás ideas da escritora Judy S. Freedman, que responde á cuestión de por que hai nenos/as que se burlan dos seus compañeiros/as. Segundo ela: 
-Por chamar a atención: meterse cos demais é unha maneira efectiva de recibir atención negativa (que é mellor que non recibir ningunha atención ou ser ignorado). 
-Por imitación: viven algún tipo de violencia a nivel familiar ou nalgunha contorna (real ou virtual) que frecuentan. 
-Por non aceptar as diferenzas: a falta de empatía co diferente (en canto a capacidade, raza, físico...) pode levar a rexeitar o que non se percibe como normal. 
-Por ser aceptados no seu grupo: recibiron nas pasado burlas doutros e meterse con terceiras persoas é unha forma de conseguir unha especie de salvoconducto. 
-Por ter sentimentos de superioridade: hai nenos que pola súa personalidade senten superiores e poderosos cando intimidan ou enfurecen a terceiras persoas. 
 
 Eu apoio, ti actúas 
Se o teu fillo ou a túa filla chega a casa dicindo que recibiu burlas por parte dun compañeiro/a: 
1 Escoita atentamente sen xulgarlle, sen escandalizarche e sen mostrar excesivo nerviosismo. Se a túa reacción é esaxerada, por exemplo chamar por teléfono inmediatamente á nai do neno que se meteu co teu, non lle estás dando a oportunidade de aprender. E quizá non cho conte a próxima vez que lle ocorra. 2 Pregúntalle como reaccionou ante a burla e se pensa que debería de facelo doutra maneira. 
3 Anímalle a que exprese como lle fai sentirse e se cre que o outro neno/a dáse conta de como lle afecta o seu comportamento. 
4 Axúdalle a que sexa el quen atope unha solución ao problema: «Que se che ocorre que podes facer para solucionar este conflito?». 
5 Revisade formas de responder construtivas: 
a) Ignorar a burla. As respostas esaxeradas (ira, choros, perda de control...) convidan o bromista a continuar picando ata que a vítima volva perder os nervios. Así que pasar da provocación, a poder ser cun sorriso, é o mellor. Tamén se poden dar respostas que non denoten afectación persoal. Por exemplo: «Pois vaia cousa, xa ves», «Que bobada!». Cos nenos pequenos funciona o dar como resposta frases do tipo: «Fala, cornete, que non che escoito». 
b) Falar con esa persoa de forma asertiva. Por exemplo, achegándose a ela nun momento e lugar adecuados (sen persoas que o envalentonen) e dicíndolle de forma tranquila: «Estás a chamarme todo o tempo cenoria e iso é algo que non me gusta, porque me fai sentirme mal. Así que che pido que non o volvas a facer». 
c) Reenfoque. Trátase de converter a burla nun eloxio. Por exemplo, unha nena que usa lentes á que lle din «catro ollos, catro ollos, tes catro ollos” pode responder: «Gústanche as miñas lentes?, a que son bonitas? Grazas por darche conta de que son novas». O que molesta adoita quedar confundido, sobre todo cando se reacciona con tranquilidade, sen mostrar frustración. 
d) Estar de acordo cos feitos. Se o que se burla, di: «Es un llorón, sempre estás a chorar», pódeselle responder: «É verdade, tes razón, choro con facilidade, si». 
e) E? Esta sinxela e brevísima resposta é moi efectiva. Mostra indiferenza ante a afronta do compañeiro/a que sempre está a picar e é ben fácil acordarse dela. 
f) Utilizar o humor. Desde logo é necesario dominar certas destrezas básicas para converter unha situación ferinte en humorística, pero conseguilo representa unha das fases máis elevadas da madurez. «Paréceche que a camiseta que me comprou a miña nai é fea? Fea, non, é horrible. Pero, mozo, é o que hai, di que foi moi cara e non me queda máis remedio que sufrila». 
g) Solicitar axuda. Se as anteriores opcións fallan, sempre se pode pedir axuda ao titor ou ao departamento de orientación, que seguro que saberán propoñer as vías de solución máis adecuadas.

15 marzo 2023

PONDERACIÓNS CURSO 2022/2023

 Información sobre as ponderacións do curso pasado 2022/2023, e estamos pendentes da publicación da nova taboa de ponderacións.


Ponderación curso 2022/2023

13 marzo 2023

SEMANA DE ORIENTACIÓN


 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA


A Xunta actualiza o procedemento de admisión nos centros escolares para facelo máis áxil, sinxelo e adaptado á administración electrónica.
O Diario Oficial de Galicia publica a nova orde que substitúe a vixente desde o ano 2013 e adapta os seus contidos ao decreto posto en marcha o pasado curso.
Facilítase a admisión dos alumnos nos centros escolares mediante a simplificación e a sistematización do proceso. O período de reserva de praza para aqueles alumnos que rematan etapa nun centro e pasan a outro adscrito será do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro, e o de admisión para os de novo ingreso ou que mudan de centro de xeito voluntario será do 1 ao 20 de marzo. Substitúese o sorteo de letra -que no último curso tan só se aplicou no 0,7% dos casos- por un sorteo numérico como criterio subsidiario de desempate.
O Diario Oficial de Galicia publica a nova orde de admisión  e adapta os seus contidos ao decreto de admisión que se comezou a aplicar o pasado curso. O obxectivo desta nova orde -de aplicación para centros docentes sostidos con fondos públicos- é implementar un sistema de admisión máis estruturado, áxil, sinxelo e adaptado ás novas tecnoloxías. Nesta liña, o texto incorpora os diversos cambios derivados da implantación da administración electrónica, así coma melloras derivadas da experiencia dos últimos cursos coa aplicación admisionalumnado, a través da que as familias poden presentar as solicitudes e coñecer o seu estado de tramitación. 
Na nova orde estrutúranse con maior claridade as diferentes fases do proceso de admisión (reserva, admisión ordinaria e escolarización extraordinaria) e modifícanse algúns prazos do procedemento. Así pois, de cara ao vindeiro curso 2023-24, a reserva de praza (para aqueles alumnos que rematan etapa nun centro e pasan a outro adscrito) estará aberta do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro, e a ordinaria de admisión (para os que entran novos no sistema ou mudan de centro de xeito voluntario) mantense do 1 ao 20 de marzo
Ademais, ao desaparecer os exames de recuperación, elimínase a referencia ao prazo de matrícula en convocatoria extraordinaria de ESO e Bacharelato e establécese un único prazo de matricula que vai entre o 23 de xuño e o 7 de xullo
Substitúese o criterio subsidiario de desempate, pasando dun sorteo de letras a un numérico que se aplicará unicamente ás solicitudes empatadas en cada curso e centro, ordenadas en función dun número aleatorio asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da gravación da solicitude, para determinar cal delas ocupará o primeiro lugar e os sucesivos.