25 novembro 2023
21 novembro 2023
KTORCE18 PROGRAMA EDUCATIVO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS
A Fundación Barrié en colaboración coa Asociación Arela promove Ktorce-18, programa de prevención de condutas infractoras entre os menores no que se abordará a problemática de condutas infractoras na actividade diaria, as situacións de risco, o acoso escolar e os malos tratos nas aulas coa finalidade de informar, previr e facer máis consciente ao alumnado das consecuencias sociais e xurídicas destes comportamentos segundo a Lei do Menor.
Para o taller Ktorce-18 de prevención de conductas infractoras teñen que cubrir:
• 1º previo á realización do taller, o seguinte cuestionario cuxa contrasinal de acceso é: 1418 (teñen que telo feito cando cheguemos)
ENLACE PARA CUBRIR O 1º CUESTIONARIO
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeh6k9gOQL6gadxQPDB-q_oghA_auouMNW1cCl5-gQqAerqrg/viewform
• 2º unha vez finalizado o taller, cubrirían o cuestionario posterior coa mesma contrasinal de acceso: 1418 (o faríamos nos, se non hai impedimento)
ENLACE PARA CUBRIR O 2º CUESTIONARIO
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfREMOelYJI7Q8KJGo3yes-rRcMmwnYkEnFfrOzQFEBsMN4pw/viewform
17 novembro 2023
14 novembro 2023
12 novembro 2023
MELLORAR A CONVIVENCIA
PROGRAMA PARA A MELLOR A DA CONVIVENCIA
ACTIVIDADE: UN INSTITUTO DE PELÍCULA
Dentro das actividades planificadas para 1º ESO, para facer propio o instituto donde estuda esta rapazada, fixemos a actividade: UN INSTITUTO DE PELÍCULA, todo un éxito. Mirade como ve o alumnado recen chegado, o noso instituto.
09 novembro 2023
02 novembro 2023
OUTONO XOVE
Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa Outono Xove para promover actividades de educación non formal dirixidas á xuventude durante as fins de semana dos meses de novembro e decembro. Ofértanse 900 prazas para participar en distintos programas, distribuídos en albergues xuvenís e residencias de tempo libre da xeografía galega.
Poderán participar mozos e mozas de entre 14 e 30 anos que realicen a inscrición telemática a través do formulario en liña da páxina web de xuventude. O prazo abriu o pasado venres 27 de outubro e permanecerá aberto ata cubrir todas as prazas. Este programa inclúe aloxamento nun albergue ou residencia de tempo libre de venres a domingo, manutención completa e un amplo programa de actividades.
Cos programas Outono, a Xunta busca desestacionalizar a oferta de tempo libre para a xuventude e ofrecer alternativas de ocio educativo e seguro á mocidade. Outro dos obxectivos deste programa é darlle aos distintos albergues xuvenís e residencias de tempo libre públicas utilidade durante todo o ano.