Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa Outono Xove para promover actividades de educación non formal dirixidas á xuventude durante as fins de semana dos meses de novembro e decembro. Ofértanse 900 prazas para participar en distintos programas, distribuídos en albergues xuvenís e residencias de tempo libre da xeografía galega.
Poderán participar mozos e mozas de entre 14 e 30 anos que realicen a inscrición telemática a través do formulario en liña da páxina web de xuventude. O prazo abriu o pasado venres 27 de outubro e permanecerá aberto ata cubrir todas as prazas. Este programa inclúe aloxamento nun albergue ou residencia de tempo libre de venres a domingo, manutención completa e un amplo programa de actividades.
Cos programas Outono, a Xunta busca desestacionalizar a oferta de tempo libre para a xuventude e ofrecer alternativas de ocio educativo e seguro á mocidade. Outro dos obxectivos deste programa é darlle aos distintos albergues xuvenís e residencias de tempo libre públicas utilidade durante todo o ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.