O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión da oferta ordinaria (só 1º curso), oferta modular, FP dual intensiva e cursos de especialización.
En FP básica a solicitude será realizada no centro, de orixe ou de destino segundo corresponda. O seguimento poderá realizarse na aplicación.
Accións que se realizarán en Ciclosadmisión:
Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil.
Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.
1º Paso. Solicitude
Prazo de presentación: do 24 de xuño ás 9 horas ata o 4 de xullo ás 13 horas.
Realizar a solicitude no asistente informático só cando se teñan os requisitos, de titulación ou proba de acceso.
Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou terá que ser entregada, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
2º paso: Consultar a resolución provisional de solicitudes.
3º paso: Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional.
No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación. Este servizo só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos.
4º paso: Consultar a resolución definitiva de solicitudes.
5º paso: Consultar a adxudicación de prazas.
No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria ou en cursos de especialización.