26 xuño 2024

ADMISIÓN FP 2024-2025

 

 
O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión da oferta ordinaria (só 1º curso), oferta modular, FP dual intensiva e cursos de especialización. 
En FP básica a solicitude será realizada no centro, de orixe ou de destino segundo corresponda. O seguimento poderá realizarse na aplicación. Accións que se realizarán en Ciclosadmisión: Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil. 
Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento. 
 1º Paso. Solicitude Prazo de presentación: do 24 de xuño ás 9 horas ata o 4 de xullo ás 13 horas. Realizar a solicitude no asistente informático só cando se teñan os requisitos, de titulación ou proba de acceso. 
Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou terá que ser entregada, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos. 
 
 
 
2º paso: Consultar a resolución provisional de solicitudes. 
 
3º paso: Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional. No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación. Este servizo só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos. 
 
4º paso: Consultar a resolución definitiva de solicitudes. 
 
5º paso: Consultar a adxudicación de prazas. No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria ou en cursos de especialización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.