13 setembro 2024

BECAS: FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

 O Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega nace en 2010 co obxectivo de apoiar a novos estudantes de 4º de ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Desde entón, participaron máis de 4.700 estudantes, integrándose na cultura do país de destino e perfeccionando o seu dominio do inglés. 
Para favorecer unha inmersión completa, os/as bolseiros/as conviven cunha familia anfitrioa e acoden a centros educativos locais, vivindo unha experiencia inesquecible na que adquiren novos coñecementos e desenvolven as súas habilidades persoais e académicas. 
A bolsa cobre todos os servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro e vivir unha experiencia única: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro médico e de accidentes, validación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.