13 setembro 2024

ENSINANZAS DEPORTIVAS

 


A continuación envío enlaces á páxina web do portal educativo onde temos toda a información d
as Ensinanzas Deportivas

- ENSINANZAS DEPORTIVAS

- PROBAS DE ACCESO ESPECÍFICAS POR DEPORTE

-OFERTA EDUCATIVA DE ENSINANZAS DEPORTIVAS

-NORMATIVA DAS ENSINANZAS DEPORTIVAS


-ORGANIZACIÓN CURRICULAR


-GUÍA BÁSICA

PAU (PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE) 2025


O curso que comeza trae cambios que afectarán á proba de acceso á universidade. Non se trata só dun cambio de nome, pois a ABAU da paso á PAU.Logo de 5 anos con modelos de exame COVID, cunha alta optatividade, e anteriormente con exames de opcións A e B, pásase agora a unha proba de preguntas de resposta obrigatoria.
O cambio non é só formal, pois se pretende substituír a avaliación de contidos memorísticos pola avaliación de competencias. 
No Real Decreto 534/2022 están detalladas as características dos exames da nova proba: 
  • Os exercicios terán un deseño competencial que permita comprobar o grao de consecución das competencias específicas das materias... 
  • Os exercicios requirirán do alumnado a creatividade e capacidade de espírito crítico, de reflexión e de madurez para resolver por escrito unha serie de cuestións ou tarefas adecuadas ás competencias específicas avaliadas... 
A CiUG impulsou no mes de maio unha reunión de diversos distritos universitarios para avanzar no deseño destes exercicios. Acordouse unha estrutura común de todos os exames, con 4 preguntas obrigatorias: a primeira máis competencial e de resposta única, e as restantes con posibilidade de elección entre apartados. 
A Consellería de Educación e a Comisión Interuniversitaria estiveron a traballar todo o verán na elaboración dunha serie de modelos de exame, xa colgados na páxina web da CIUG, que se irá completando en vindeiros días, atadis por demodelos de todas as materias, de xeito que o profesorado e o alumnado de Bacharelato teñan información suficiente para abordar con garantías este curso diferencial. 
 

BECAS: FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

 O Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega nace en 2010 co obxectivo de apoiar a novos estudantes de 4º de ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Desde entón, participaron máis de 4.700 estudantes, integrándose na cultura do país de destino e perfeccionando o seu dominio do inglés. 
Para favorecer unha inmersión completa, os/as bolseiros/as conviven cunha familia anfitrioa e acoden a centros educativos locais, vivindo unha experiencia inesquecible na que adquiren novos coñecementos e desenvolven as súas habilidades persoais e académicas. 
A bolsa cobre todos os servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro e vivir unha experiencia única: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro médico e de accidentes, validación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.