03 febreiro 2025

PROGRAMA A PONTE 1º BACHARELATO

 Estimadas/os amigas/os do Programa a Ponte do IES do Castro (Código: 36019670),



Envío algunhas indicacións, en relación cos encontros da USC do Campus de Santiago que terán lugar os días 4, 5, 6 e 7 de febreiro.

1. Poden consultar algunha información na páxina dos encontros:

https://www.usc.gal/aponte/encontros-usc-lugo-santiago

2. Para calquera aclaración poden chamar ao teléfono 881814576

1. O estudantado debe estar nos puntos de encontro (RU Burgo das Nacións e RU Monte da Condesa) para poder saír en dirección aos distintos itinerarios antes das 10:15h.

2. Tan pronto chegue cada centro aos dous puntos de encontro deben comunicalo ao estudante titor da USC (na RU. do Burgo e na RU. Monte da Condesa) que estará pendente para facer o control.

3. O itinerario recomendado para os autobuses que traian estudantes para os dous puntos de encontro é “pasar primeiro pola RU. Burgo das Nacións” e a continuación ir a RU. Monte da Condesa.

4. Para facilitar a circulación dos autobuses, o control da RU. Monte da Condesa farase preto do Pazo de San Lorenzo (unión da rúa Xaquín Díaz de Rábago coa Ctra. de San Lorenzo) e os estudantes suben a pé os 100 metros que os separan da Residencia Universitaria.

5. No punto de encontro haberá un obsequio, como recordo da visita.

6. O estudantado de bacharelato de cada circuíto debe colocarse ao lado do estudante titor que terá levantado un cartel coa indicación dos centros a visitar (itinerario elexido).

7. É necesario que o estudantado de bacharelato siga aos estudantes titores encargados do grupo.

8. É interesante que lle insistan ao estudantado cal é o punto de encontro (punto de encontro = P. de partida = P. de chegada) e pode ser útil que traia unha relación dos teléfonos móbiles do estudantado por se algún estudante se desvía do grupo.

9. É moi importante a puntualidade. As 10:30h. sairán do punto de encontro todos os circuítos. Os estudantes deben seguir ao titor que leva o cartel que lle corresponde.

10. Os estudantes estarán de volta nos puntos de encontro sobre as 13:15h.

11. Poden visitarse as residencias universitarias a partir das 15:30 ata as 16:30h.

12. Para os estudantes que escolleran o percorrido 15 Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) o punto de saída será a Residencia do Monte da Condesa.

Ás 10:30 Un autobús os levará ata o CSHG e os traerá de volta ás 13 horas á Residencia do Monte da Condesa.

Moitas grazas.

Un saúdo


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.