A importancia que
ten a auconcepto no proceso
de formación das persoas é por todos moi coñecida. As veces esquecemos de dicir
as cosas boas aos rapaces e rapazas non
só nos centros educativos se non tamén os seus pais na casa.
MOI INTERESANTE
PARA 1º ESO. DURACIÓN: 1
SESIÓN DE TITORÍA
A IDEA MÁIS FERMOSA
Fonte: El Adarve:
Blog de Miguel Ángel Santos Guerra. http://apoegal.blogia.com (24/01/08)
A Editorial Lumen puxo en circulación unha historia que me chamou a
atención polo seu contido didáctico. Aviva a reflexión sobre a relación educativa
que cos fillos/as e alumnos/as temos os pais/nais e os profesores/as.
Certo día unha mestra pediu aos seus alumnos que
puxesen os nomes dos seus compañeiros de clase nunha folla de papel, deixando
un espazo entre nome e nome. Despois pediulles que pensasen na cousa máis
fermosa que puidesen dicir de cada un dos seus compañeiros e que o escribisen
debaixo do seu nome. A medida que os alumnos deixaban o aula, entregaban á
mestra a folla de papel.
Durante a fin de semana a mestra
escribiu o nome de cada un dos seus alumnos en follas separadas de papel e
copiou nelas todas as cousas fermosas que cada un dos compañeiros escribira
acerca del.
O luns entregou a cada alumno a
súa lista. Case inmediatamente todos os alumnos da clase estaban sorrindo. É
verdade? escoitou ela a alguén como nun rumoreo. “Eu non souben nunca que podía
significar algo para alguén”, “eu non sabía que os meus compañeiros me quixesen
tanto”, eran os comentarios mais frecuentes.
Ninguén volveu mencionar aqueles
papeis en clase A mestra nunca soubo se eles comentaron o seu contido con
algúns compañeiros ou cos seus pais, pero iso non era o importante.
O exercicio cumprira o seu
propósito.
Aquel grupo de alumnos seguiu
adiante e progresou nos seus estudos. Varios anos máis tarde, un dos estudantes
foi morto na guerra de Vietnam e a mestra asistiu ao seu funeral. Non vira
nunca antes a un soldado no seu cadaleito militar. A igrexa estaba chea de
familiares e amigos. Un a un, aqueles que tanto o apreciaban camiñaron
paseniñamente para darlle o último adeus. A mestra foi a última en achegarse ao
cadaleito.
Mentres estaba alí, un dos soldados que
actuaba como garda de honra achegouse a ela e preguntoulle: ”¿Era vostede a
profesora de matemáticas de Marcos?”
Ela
dixo que si.
Entón
el dixo: ”Marcos falaba moito de vostede”.
Despois do funeral a maioría dos
compañeiros de Marcos foron a unha merenda. Alí estaban tamén os pais de
Marcos, obviamente desexando falar coa súa profesora.
”Queriamos
mostrarlle algo”, dixo o pai sacando do seu peto unha pequena carteira.
“Atopárono na roupa de Marcos cando o mataron. Pensamos que ó mellor vostede o
recoñecería”.
Abrindo
a carteiriña, sacou coidadosamente uns anacos de papel gastados que el pegara
con cinta e que se vía que foran abertos e pechados moitas veces.
A mestra deuse conta aínda sen
mirar moito que era a folla na que ela rexistrara todas as cousas fermosas que
os compañeiros de Marcos escribiran acerca del.
”Grazas por facer o que fixo,
dixo a nai de Marcos. Como vostede ve, Marcos gardábao como un tesouro”.
Prodigamos queixas, reproches, descualificacións, correccións, consellos,
avisos... Pero somos máis parcos cando se trata de facer comentarios positivos.
Parece que nos custa recoñecer acertos e calidades, manifestar a
admiración e o afecto. Existe unha certa racanería á hora de dicirlle aos
outros que é o que nos gusta ou emociona deles. Somos máis dados a descalificar
que a felicitar.
Alguén podería dicir que o importante é obter bos resultados no Informe
PISA, que o demais son parvadas. Non o son. Pode ser unha parvada aquilo que
nos fai ser felices ou desgraciados? O día que o Informe PISA se preocupe por
valorar as actitudes e os valores, outro galo nos ha cantar. E ademais, para
obter bos resultados nese Informe ou en calquera outro, é necesario cultivar
unha disposición emocional favorable á aprendizaxe.
VIDEO