26 abril 2022

ED311A - PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

 Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Prazo de presentación: ABERTO - PREMIOS BACHARELATO

26/04/2022 - 25/05/2022

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

Documentación para a presentación

Solicitudes .

1. As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 


21 abril 2022

CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS para o curso 2022/23

 

Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

  • O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o día 29 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.
  • O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o día 23 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.

ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA

 

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza unhas Xornadas de Portas Abertas (telemáticas) o 5 de maio de 2022, para informar sobre a nosa oferta educativa nas diferentes titulacións de grao:

Dirección escénica e dramaturxia
Escenografía
Interpretación

A quen van dirixidas?
Comunidade educativa (centros de secundaria, centros superiores e universitarios...).
Colectivos interesados nas artes escénicas (grupos e asociacións de teatro, centros de xuventude...).

Información e inscrición
www.esadgalicia.com

19 abril 2022

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO. SEDES

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxe definitiva de solicitudes, sedes e instrucións. Convocatoria 2022
Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2022, así como as instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba.

23 marzo 2022

BOLSAS DE ESTUDO CURSO 2022/2023

 O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto polo que se establecen as contías para as bolsas académicas do curso 2022-2023. O orzamento alcanza os 2.134 millóns, unha cifra récord que busca cubrir a entrada de novos bolseiros como consecuencia da mala situación económica que deixou a pandemia. 

Trátase dunha subida de 96 millóns respecto ao ciclo anterior e estímase que máis de 1,1 millón de mozos beneficiaranse. As axudas están dirixidas a estudantes de primeiro e segundo de Bacharelato, a alumnos de Formación Profesional de grao medio e superior así como universitarios ou quen curse ensinos artísticos profesionais e superiores, deportivas, relixiosos superiores, estudos de idiomas en escolas oficiais, cursos de acceso e ciclos formativos de Grao Básico, un máster ou título oficial de grao. Novidades do curso A novidade máis importante desta convocatoria é que os prazos tanto de solicitude como de comunicación das bolsas adiantaranse catro meses, de modo que está previsto que a convocatoria se abra en marzo e non en xullo ou agosto, como viña ocorrendo. O obxectivo é que os interesados saiban se cumpren cos requisitos para recibir estas axudas antes do período de matriculación.


A segunda gran modificación é que a nota media para lograr unha bolsa de máster non habilitante baixa de 6,5 a 5. Desta forma culmínase o proceso que se iniciou hai un ano, cando o Ministerio de Universidades implementou o mesmo criterio para os posgraos habilitantes, é dicir aqueles que obrigatoriamente hai que aprobar para exercer certas profesións, como avogado, psicólogo, profesor de secundaria ou sanitario. Máis aló destes cambios, consérvanse as axudas dirixidas aos estudantes con necesidades específicas de apoio (discapacidades, trastorno grave de conduta, trastorno do espectro autista e trastorno grave da comunicación e da linguaxe). 

Axudas que ofrece o Ministerio de Educación As contías fixas das bolsas para os universitarios e non universitarios destinaranse da seguinte maneira: 

Renda do solicitante: 1.700 euros 

Residencia durante o curso: 1.600 euros 

Bolsa básica: 300 euros. Para quen curse ciclos formativos de Grao Básico, a contía será de 350 euros. 

Contía variable: O seu importe mínimo será de 60 euros e resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar 

Excelencia no rendemento académico: entre 50 e 125 euros a partir dunha nota media de 8 puntos. A cifra máxima será para quen teña unha cualificación de 9,5 puntos ou máis. 

Bolsa de matrículas: cubrirá o importe dos créditos dos que se matriculou o estudante por primeira vez no curso 2022-2023.

Fonte: cinco días

 

17 marzo 2022

BOLSAS (BECAS) DE ESTUDO PARA O CURSO 2022/2023


Dentro duns días xa poderás solicitar a túa bolsa xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2022-2023.

O prazo de solicitude irá do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022.

É necesario que pidas a bolsa neste prazo aínda que aínda non se abriu o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas con seguridade se vas estudar ou non.

Pon os estudos máis probables e cara o mes de setembro poderás cambialos. 


 
ENLACE

O VALOR DO ESFORZO DIARÍO