20 outubro 2021

GUÍA DE APOIO AO ESTUDO - TDAH

        

A Fundación Indaga (Instituto Gallego do TDAH e Trastornos Asociados) publicou  esta guía de apoio ao estudo para alumnado con TDAH, que ofrece todas as pautas, consellos e ferramentas para organizar o estudo, útiles para todo tipo de estudantes, con ou sen TDAH

LOMLOE


 

Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.

 

19 outubro 2021

QUE ESTUDAR?

 



BOLSAS DA FUNDACION AMANCIO ORTEGA PARA ESTUDAR 1º BACH EN CANADA OU EEUU

Bolsas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou EEUU.
Convócase unha nova edición das bolsas para estudar 1º de bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos durante o curso académico 2022/2023. 
Un total de 400 bolsas dirixidas ao alumnado de 4º de ESO que lles permitirá convivir cunha familia durante o curso escolar no país de destino. 
70 desas bolsas están destinadas a estudantes galegos e 330 a estudantes do resto de España. 
 
QUE COBRE A BOLSA: A bolsa inclúe o 100% do custo dos servizos necesarios para cursar un ano académico en Canadá ou Estados Unidos: viaxe de ida e volta á localidade estranxeira de destino, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e unha pequena asignación mensual para gastos menores. 
A bolsa inclúe, ademais, unha serie de actividades dirixidas á formación dos bolseiros seleccionados e á tramitación dos seus expedientes, antes da saída ao país de destino. 
 
REQUISITOS: Estar rexistrado como estudante de 4º curso de ESO nun Centro de Ensino de calquera Comunidade (ou Ciudad) Autónoma do territorio español no momento de presentar a solicitude de participación, excepto centros docentes privados estranxeiros en España. Obter unha nota media mínima de 7 puntos en 3º de ESO. Obter unha nota mínima de 7 puntos na materia de inglés (ou a súa alternativa como primeiro idioma estranxeiro) nas notas finais de 3º de ESO. Ter DNI e/ou pasaporte español. Información tributaria da unidade familiar: O proceso de valoración de solicitudes prioriza as rendas máis baixas. 
 
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 27 de setembro ao 27 de outubro de 2021 ás 13:00 h (Horario peninsular). 
 
SOLICITUDE: Entra na web e realiza a inscrición. Ligazón á web.
 

PRÁCTICAS RESTAURATIVAS E CONVIVENCIA - REVISTA Nº 21 CONVIVES

Prácticas restaurativas e convivencia.
Este monográfico preséntase coa intención de abrir espazos de diálogo e de interese que faciliten a difusión das prácticas restaurativas. Os diferentes artigos e experiencias mostran como as prácticas restaurativas poden axudar a mellorar a convivencia a partir de: a creación vínculos entre os membros dunha comunidade, a participación de toda a comunidade no proceso de construción dunha contorna máis positiva e a xestión dos conflitos para partir do diálogo e a restauración das relacións. (...) 
 
 

SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA - OFERTA DE PRAZAS CURSO 2021-22


 OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2021/2022 NAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS

50 CURTAS PARA TRABALLAR OS VALORES

Deixámosvos unha lista, compilación das mellores curtas que se publicaron ata o momento, que cremos serviranvos para poder traballar valores cos vosos fillos/a. Para acceder á curta simplemente picade na imaxe.

FORMACIÓN PROFESIONAL


 

18 outubro 2021

INFORMACIÓN 1º ESO


 

ENTREVISTA DEL TUTOR/A CO ALUMNADO CON PROBLEMAS DE CONDUTA


 

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE- ORIENTACIÓN

 ATENCIÓN Á DIVERSIDADE


HABILIDADES SOCIALES

 Manual para traballar as habilidades sociais na aula.

MANUAL HABILIDADES SOCIALES


Fonte: Blog Mónica Diz Orienta

IES DO CASTRO

O IES DO CASTRO está situado na cidade de Vigo (Pontevedra), foi un dos últimos institutos aberto no centro da cidade. Naceu para atender a gran demanda de prazas de ensino medio no centro da cidade de Vigo debido ao incremento da poboación nas décadas dos anos 70 e 80, e comezou a funcionar nos primeiros anos da década dos 90 do século pasado. Acolle alumnado de procedencia urbana que vive nas rúas próximas ao instituto entre Beiramar e a Gran Vía. No curso 1996-97 inicia a súa escolarización no centro o alumnado do 1º ciclo ESO. A maioría do alumnado da ESO, sobre todo nos dous primeiros cursos desta etapa, procede do CEP DR. FLEMING. Nos últimos anos a porcentaxe de alumnado de procedencia estranxeira, fundamentalmente de orixe sudamericana, baixou practicamente a metade.  En Bacharelato, arredor da metade do alumnado incorpórase ao centro procedente dos centros privados concertados do entorno, e, no curso 2008/09, o instituto conta con autorización para impartir o Diploma de Bacharelato Internacional, unha modalidade de bacharelato máis esixente que pode responder ás necesidades dun tipo de alumnado cunhas determinadas capacidades de traballo, esforzo, dedicación e cuns intereses máis amplos e diversos. O claustro de profesores está formado aproximadamente por 60 profesores e profesoras, a maioría deles estables no centro e cunha ampla experiencia docente. En xeral, as familias seguen de forma directa a evolución escolar dos seus fillos/as e manteñen un contacto regular co centro a través dos titores/as e do profesorado en xeral.