Bolsas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou EEUU.
Convócase unha nova edición das bolsas para estudar 1º de bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos durante o curso académico 2022/2023.
Un total de 400 bolsas dirixidas ao alumnado de 4º de ESO que lles permitirá convivir cunha familia durante o curso escolar no país de destino.
70 desas bolsas están destinadas a estudantes galegos e 330 a estudantes do resto de España.
QUE COBRE A BOLSA:
A bolsa inclúe o 100% do custo dos servizos necesarios para cursar un ano académico en Canadá ou Estados Unidos: viaxe de ida e volta á localidade estranxeira de destino, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e unha pequena asignación mensual para gastos menores.
A bolsa inclúe, ademais, unha serie de actividades dirixidas á formación dos bolseiros seleccionados e á tramitación dos seus expedientes, antes da saída ao país de destino.
REQUISITOS:
Estar rexistrado como estudante de 4º curso de ESO nun Centro de Ensino de calquera Comunidade (ou Ciudad) Autónoma do territorio español no momento de presentar a solicitude de participación, excepto centros docentes privados estranxeiros en España.
Obter unha nota media mínima de 7 puntos en 3º de ESO.
Obter unha nota mínima de 7 puntos na materia de inglés (ou a súa alternativa como primeiro idioma estranxeiro) nas notas finais de 3º de ESO.
Ter DNI e/ou pasaporte español.
Información tributaria da unidade familiar: O proceso de valoración de solicitudes prioriza as rendas máis baixas.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 27 de setembro ao 27 de outubro de 2021 ás 13:00 h (Horario peninsular).
SOLICITUDE: Entra na web e realiza a inscrición. Ligazón á web.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.