18 outubro 2021

IES DO CASTRO

O IES DO CASTRO está situado na cidade de Vigo (Pontevedra), foi un dos últimos institutos aberto no centro da cidade. Naceu para atender a gran demanda de prazas de ensino medio no centro da cidade de Vigo debido ao incremento da poboación nas décadas dos anos 70 e 80, e comezou a funcionar nos primeiros anos da década dos 90 do século pasado. Acolle alumnado de procedencia urbana que vive nas rúas próximas ao instituto entre Beiramar e a Gran Vía. No curso 1996-97 inicia a súa escolarización no centro o alumnado do 1º ciclo ESO. A maioría do alumnado da ESO, sobre todo nos dous primeiros cursos desta etapa, procede do CEP DR. FLEMING. Nos últimos anos a porcentaxe de alumnado de procedencia estranxeira, fundamentalmente de orixe sudamericana, baixou practicamente a metade.  En Bacharelato, arredor da metade do alumnado incorpórase ao centro procedente dos centros privados concertados do entorno, e, no curso 2008/09, o instituto conta con autorización para impartir o Diploma de Bacharelato Internacional, unha modalidade de bacharelato máis esixente que pode responder ás necesidades dun tipo de alumnado cunhas determinadas capacidades de traballo, esforzo, dedicación e cuns intereses máis amplos e diversos. O claustro de profesores está formado aproximadamente por 60 profesores e profesoras, a maioría deles estables no centro e cunha ampla experiencia docente. En xeral, as familias seguen de forma directa a evolución escolar dos seus fillos/as e manteñen un contacto regular co centro a través dos titores/as e do profesorado en xeral.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.