03 decembro 2021

ACOSO ESCOLAR

 

Un de cada tres estudantes foi vítima de acoso escolar no mundo no último mes, segundo os últimos datos da UNESCO. Os alumnos e alumnas que sofren este tipo de violencia presentan peores resultados académicos, son máis propensos a sufrir ansiedade, depresión e soidade, e mesmo poden exporse o suicidio, segundo alerta o organismo de Nacións Unidades. 

En España, preto do 17% dos alumnos de 15 anos sufriu acoso escolar, segundo recolle o Informe PISA 2018, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE). Aínda que esta cifra atópase por baixo da media da OCDE, do 23%, é motivo de preocupación para o MEFP, que traballa en diversas iniciativas destinadas a mellorar o clima escolar. Calquera que sufra acoso escolar ou sexa testemuña dun caso pode dirixirse ao teléfono de axuda 900 018 018 do Ministerio. O servizo é gratuíto, anónimo, confidencial, está operativo as 24 horas, todos os días do ano, para toda España e é atendido por psicólogos apoiados por traballadores sociais e avogados. Existe tamén un chat, dispoñible tamén as 24 horas, gratuíto e anónimo. Ambos son xestionados pola Fundación ANAR.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.