24 febreiro 2022

GRAO XESTIÓN CULTURAL

O Grao en Xestión Cultural ten como obxectivo principal formar a profesionais que desenvolverán a súa actividade no ámbito da xestión da cultura, ben ao servizo de institucións públicas ou privadas ou orientando a súa actividade cara ao mundo da empresa.


 

23 febreiro 2022

DÍA 23 DE FEBREIRO DE 2022, DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro naceu un 23 de febreiro de hai 185 anos. Coincidindo con esta efeméride, este mércores os actos na súa honra multiplícanse por toda Galicia, para conmemorar o nacemento da que é a escritora galega máis universal. 
Este é o primeiro ano que o Día de Rosalía de Castro celébrase un 23 de febreiro e non un 24. O cambio prodúcese despois de que o filóloga Sagrario Abelleira revelase unha documentación que acredita que a autora de Follas Novas e Cantares Gallegos nacería un día como hoxe. 
Esa documentación atopouse no expediente matrimonial de Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Ambos casaron en Madrid no ano 1858 e entre os papeis desa ligazón figura unha declaración de 1843 feita pola nai de Rosalía na que indica que a autora naceu o 23 de febreiro. Ata o de agora celebrouse o día 24 porque se sabía que esa era a data do seu bautismo.



 

20 febreiro 2022

NORMATIVA ACTUALIZADA DE AVALIACIÓN NA ESO E BACHARELATO


Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

NOVOS GRAOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALLEGO NO CURSO 2022-2023

Para o curso 2022/2023 termos novidades na oferta de titulacións de graos no SUG. 
As tres Universidades galegas teñen proxectado implantar novos títulos universitarios para o próximo curso 2022-2023. 
 
Grao en Deseño: Terá dúas mencións, unha mención en Deseño de moda e outra mención en Deseño Gráfico e Dixital. 
Grao Dual en Enxeñaría da Automoción: Alternará a formación no centro de estudos e a empresa. 
 

 
Grao en Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira (Centro Superior de Hostalería de Galicia). Será un grao Dual, polo que alternará a formación no centro de estudos e a empresa. Este novo título supón a extinción do título propio da USC Diploma Superior en Xestión Hostaleira. 
 
 

 • Grao en Relacións Internacionais (grao interuniversitario entre a Universidade de Vigo e a Universidade de Coruña). Terá dúas mencións, unha mención en Cooperación para o desenvolvemento, outra mención en Xestión de proxectos e negocios internacionais. 
 • Grao en Intelixencia Artificial (grao interuniversitario entre a Universidade de Vigo, Universidade de Coruña e Universidade de Santiago de Compostela)

SUSPENDIDAS AS PROBAS DE APTITUDES PARA O ACCESO AO GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE CURSO 2022/2023


As dúas universidades galegas que imparten o Grao en Ciencias da Actividade Fisica e do Deporte, Universidade de Vigo e Universidade de A Coruña, publicaron unha resolución na que se informa de que as probas de aptitudes para o acceso ao grao quedan suspendidas para os efectos de admisión no curso 2022/2023 por mor do COVID. 
Como consecuencia desta suspensión o acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte será como no resto dos graos, basearase unicamente na nota de admisión dos solicitantes, e segundo as normas xerais de acceso á universidade da CIUG. 
 

07 febreiro 2022

BACHARELATO LOMLOE



 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

CALENDARIO DE PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito

Do 11 de xaneiro ó 8 de febreiro

Data do sorteo público da letra a efectos de desempate

Última semana de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito)

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo

10 días hábiles,  a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

Antes do 25 de abril

Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados)

Prazo máximo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á súa publicación

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria

Do 20 ó 30 de xuño

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato

Do 25 de xuño  ó 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato

Do 1 ó 10 de setembro

 

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:

 • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: do 25 de xuño ao 10 de xullo.

 • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: do 1 ao 10 de setembro. 

NORMATIVA: Instrucións do proceso de admisión 2022/2023 na web da Consellería de Educación.  - ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos. - Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.- Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG) - Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)


DÍA DA PAZ - APERTAS NA DISTANCIA