23 febreiro 2022

DÍA 23 DE FEBREIRO DE 2022, DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro naceu un 23 de febreiro de hai 185 anos. Coincidindo con esta efeméride, este mércores os actos na súa honra multiplícanse por toda Galicia, para conmemorar o nacemento da que é a escritora galega máis universal. 
Este é o primeiro ano que o Día de Rosalía de Castro celébrase un 23 de febreiro e non un 24. O cambio prodúcese despois de que o filóloga Sagrario Abelleira revelase unha documentación que acredita que a autora de Follas Novas e Cantares Gallegos nacería un día como hoxe. 
Esa documentación atopouse no expediente matrimonial de Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Ambos casaron en Madrid no ano 1858 e entre os papeis desa ligazón figura unha declaración de 1843 feita pola nai de Rosalía na que indica que a autora naceu o 23 de febreiro. Ata o de agora celebrouse o día 24 porque se sabía que esa era a data do seu bautismo.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.