20 febreiro 2022

NOVOS GRAOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALLEGO NO CURSO 2022-2023

Para o curso 2022/2023 termos novidades na oferta de titulacións de graos no SUG. 
As tres Universidades galegas teñen proxectado implantar novos títulos universitarios para o próximo curso 2022-2023. 
 
Grao en Deseño: Terá dúas mencións, unha mención en Deseño de moda e outra mención en Deseño Gráfico e Dixital. 
Grao Dual en Enxeñaría da Automoción: Alternará a formación no centro de estudos e a empresa. 
 

 
Grao en Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira (Centro Superior de Hostalería de Galicia). Será un grao Dual, polo que alternará a formación no centro de estudos e a empresa. Este novo título supón a extinción do título propio da USC Diploma Superior en Xestión Hostaleira. 
 
 

 • Grao en Relacións Internacionais (grao interuniversitario entre a Universidade de Vigo e a Universidade de Coruña). Terá dúas mencións, unha mención en Cooperación para o desenvolvemento, outra mención en Xestión de proxectos e negocios internacionais. 
 • Grao en Intelixencia Artificial (grao interuniversitario entre a Universidade de Vigo, Universidade de Coruña e Universidade de Santiago de Compostela)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.