27 novembro 2022

SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES - RETINOBLASTOMA


Co obxectivo de dar a coñecer o retinoblastoma e de promover a inclusión de todos os nenos e nenas nas aulas, a Fundació La Nineta dels Ulls achega unha serie de ideas e propostas didácticas para todas as idades. 
O retinoblastoma é o cancro ocular máis frecuente en menores de 6 anos e, malia que o diagnóstico precoz é fundamental para salvar a visión e a vida das persoas afectadas, o feito de que afecte a nenos/as tan pequenos/as dificulta a detección dos primeiros signos da enfermidade. Por este motivo, ademais de material didáctico para levar ás aulas e promover a inclusión, o documento achegado por esta fundación describe este trastorno e os seus síntomas máis frecuentes, cuxa detección contribúe a un diagnóstico precoz e a unha mellora na calidade de vida dos e das pacientes.
 

 

 
 

DISCAPACIDADE/DIVERSIDADE FUNCIONAL

Normalmente adoitamos tratar ás persoas con diversidade funcional coma se fosen vítimas ou non fosen capaces de vivir de maneira autónoma, en lugar de tratalas como persoas simplemente normais proporcionándolles as ferramentas e recursos necesarios para o seu día a día. 
Na comunicación tamén debemos eliminar este tipo de discriminacións favorecendo a igualdade e o respecto. A Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade emprega o termo PERSOA CON DISCAPACIDADE. Mais temos que indicar que hai asociacións, entidades e persoas que prefiren empregar o termo PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
Por iso contemplan estas dúas acepcións.  
DISCAPACIDADE: termo establecido pola OMS na Clasificación Internacional do Funcionamento, a Discapacidade e a Saúde, na que se mudan algúns conceptos como deficiencia ou manipulación.
DIVERSIDADE FUNCIONAL: proposto en España no 2005 polo Foro de Vida Independente e que pretende eliminar a negatividade na definición do colectivo e reforzar a súa esencia de diversidade. 
 

 

14 novembro 2022

08 novembro 2022

EDUCACIÓN INCLUSIVA. QUERERLA ES CREARLA

 


UNHA CASA, UN FOGAR. 1º E 2º ESO

 Unha proposta de traballo relacionado co 25 N é a que nos propón a profesora Mar, para o alumnado de 1º e 2º ESO: Unha casa, un fogar.

                                                 Actividade: unha casa, un fogar.

                                                         VIDEO: CASITA

 


 

03 novembro 2022

DOCENCIA COMPARTIDA

A docencia compartida é unha das claves importantes para realizar unha boa inclusión e un piar fundamental na boa atención á diversidade. 
A sociedade, os centros educativos e as aulas, na actualidade, son moi diversas e heteroxéneas. Tomar conciencia diso, aceptar e valorar a diferenza e realizar propostas metodolóxicas que favorezan a inclusión de todo o alumnado dentro da aula ordinaria traballando xuntos/as, require de transformacións na forma de ensinar e aprender de forma sistemática e firme. En moitas ocasións, limitacións como os recursos, a organización do centro tradicional, a non formación do profesorado... poden chegar a dificultar unha boa atención á diversidade e outras veces, todo iso convértese en escusas, para nin sequera exporse dar o primeiro paso. 
Cambiar a mirada, para "ver" a diversidade da aula como enriquecedora, non está a ser nada fácil.
Xestionar os recursos e as intervencións desde un modelo dunha educación integradora, moitas veces fai que os recursos cos que conta o centro, non se estean aproveitando ao máximo.