20 febreiro 2023

ENTROIDO 2023


 VIDEO DO ENTROIDO 2023

PROBAS PARA O GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE


Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de A Coruña, para o curso 2023-2024:
DATAS DAS PROBAS: 
22 de Abril de 2023. 
20 de Xuño de 2023. 
O apto nestas probas mantense ata o curso 2024-2025 e 2025/2026 incluído este. 
 
PRAZO DE MATRÍCULA: 
Para convocatoria de abril: Ata o 17 de marzo de 2023 ás 14,00h. 
Para a convocatoria de xuño: Do 5 ó 17 de xuño de 2023 ás 14,00h. 
 
TAXAS DE EXAME: 63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás dúas convocatorias. En caso de presentarse de novo á 2ª convocatoria haberá que aboar de novo o seguro de accidentes. 
 
EXENTOS DAS PROBAS: Deportistas de alto nivel. 
LUGAR DAS PROBAS: Na Facultade de C.C do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. 
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse o formulario online de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición. 
Enlace á web onde atoparás información sobre: 
 
CONVOCATORIA PROBAS. EN QUE CONSISTEN? 
Bloque 1: Proba de adaptación ao medio acuático 
Bloque 2. (elixir unha entre as tres seguintes): 
- Proba de axilidade no chan 
- Proba de carreira de obstáculos 
- Proba de axilidade co balón 
Bloque 3: Proba de resistencia cíclica 
 
 

11 febreiro 2023

CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES - CRD

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará a orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se convocarán as prazas de residencia nos centros residenciais docentes (CRD) da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios. 
O obxectivo é facilitar o acceso á educación superior ao alumnado que se escolariza en localidades distintas ás do seu domicilio habitual, motivado polo feito de que os estudos que realiza non se imparten en ningún centro sostido con fondos públicos da súa localidade de residencia nin noutra próxima que lle permita o desprazamento diario con facilidade. 
As vacantes ofertadas poderanse consultar na páxina web e taboleiro de anuncios dos CRD aos tres días da publicación da convocatoria. O alumnado solicitante que obteña praza terán dereito de reserva ata que complete os estudos dun nivel formativo concreto que de lugar á obtención dun título académico, sempre que non repita curso e non variasen as circunstancias que se tiveron en canta para a adxudicación inicial.