Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de A Coruña, para o curso 2023-2024:
DATAS DAS PROBAS:
22 de Abril de 2023.
20 de Xuño de 2023.
O apto nestas probas mantense ata o curso 2024-2025 e 2025/2026 incluído
este.
PRAZO DE MATRÍCULA:
Para convocatoria de abril: Ata o 17 de marzo de 2023 ás 14,00h.
Para a convocatoria de xuño: Do 5 ó 17 de xuño de 2023 ás 14,00h.
TAXAS DE EXAME:
63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás dúas convocatorias. En caso de presentarse de novo á 2ª convocatoria haberá que aboar de novo o seguro de accidentes.
EXENTOS DAS PROBAS:
Deportistas de alto nivel.
LUGAR DAS PROBAS:
Na Facultade de C.C do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse o formulario online de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición.
Enlace á web onde atoparás información sobre:
CONVOCATORIA
PROBAS. EN QUE CONSISTEN?
Bloque 1: Proba de adaptación ao medio acuático
Bloque 2. (elixir unha entre as tres seguintes):
- Proba de axilidade no chan
- Proba de carreira de obstáculos
- Proba de axilidade co balón
Bloque 3: Proba de resistencia cíclica
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.