A Consellería de Educación publicou a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022 - 2023.
DOTACIÓN:
Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un. Ademais o alumnado poderá optar ós premios nacionais de ESO.
Os REQUISITOS para optar a estes premios son:
• Ter cursado 4º de ESO no curso 2022/2023 no Réxime Ordinario en Galicia.
• Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
• Obter unha media igual ou superior a 9,00 puntos (media de todas as materias dos cursos de ESO).
O PRAZO de presentación de solicitudes será do 31 de maio ó 30 de xuño de 2023.
A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes (anexo I) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O alumnado con Necesidades Educativas Especiais poderá solicitar adaptación da proba achegando a documentación que acredite tal condición.
PROBAS: A realización da proba terá lugar o 6 de setembro de 2023.
No DOG publicaranse os lugares e o horario de celebración da proba, que en xeral será dentro da provincia onde se atope o expediente do alumno/a. Os aspirantes aos premios extraordinarios ao rendemento académico deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes que valorarán os obxectivos e as competencias básicas acadadas polo alumnado, e constará de diversas cuestións coas cales deberá mostrar o grao de consecución das competencias social e cidadá, en comunicación lingüística e matemática.
Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de 4º curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira lingua estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en lingua galega e literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións das seguintes materias de 4º curso: • Xeografía e Historia. • Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas. • Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, ou Tecnoloxía.
PROCEDEMENTO DOS CENTROS EDUCATIVOS:
O centro enviará a Certificación académica de ESO (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de ESO recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflictan as notas dos catro cursos e a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro público en que se atope o expediente académico.
Para dúbidas relacionadas coa convocatoria poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: premios@edu.xunta.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.