04 setembro 2023

BOLSAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

 

O Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega é un proxecto que naceu en 2010 co obxectivo de apoiar a novos estudantes de 4º da ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Desde entón, participaron máis de 4.000 estudantes, integrándose na cultura do país de destino e perfeccionando o seu dominio do inglés. 
Para favorecer unha inmersión completa, os bolseiros e as bolseiras conviven cunha familia anfitrioa e acoden a centros educativos locais, vivindo así unha experiencia inesquecible na que adquiren novos coñecementos e desenvolven as súas habilidades persoais e académicas. 
 Na súa edición 2024-2025, o Programa convoca 400 novas bolsas para estudantes de 4º da ESO que desexen estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Delas, 70 bolsas están dirixidas a estudantes de centros de Galicia, e 330 a estudantes doutras comunidades e cidades autónomas de España. 
A bolsa cobre todos os servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro e vivir unha experiencia única: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.
inscripción do 4 ao 27 de setembro de 2023
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.