A Concellería de Política Social lanza un novo proxecto de campamentos
de verán dixitais, da man da Fundación Esplai e o Goberno de España.
Lanzamos 132 prazas no campamento dixital CRI-TIC, que se desenvolverá
durante todo o verán no Centro de Formación de Rúa Alta, en horario de
09 a 14h., de modo que as familias tamén poidan conciliar durante o
verán. Será un campamento de achegamento ás novas tecnoloxías con moita
diversión e xogos.
O proxecto CRI-TIC, Infancia e xuventude con criterio dixital, ten como
obxectivo principal favorecer a adquisición de competencias dixitais
buscando garantir a inclusión dixital desde a infancia. Trátase de
fomentar unha actitude crítica e responsable da tecnoloxía, non só para a
aprendizaxe ou o traballo, tamén para a participación na sociedade e a
interacción social.
Envíovos adxunto o tríptico e o cartel da iniciativa.
Deste xeito, ofértanse en total 11 grupos ao longo dos meses de xuño,
xullo, agosto e primeira semana de setembro, dos cales 9 están
destinados aos/as máis pequenos/as, é dicir, de 9 a 13 anos; e 2 grupos
para os/as maiores, de 14 a 17 anos.
As solicitudes deberán realizarse na seguinte ligazón antes do 9 de xuño:
https://fundacionesplai.org/inscripcion-critic-vigo-verano/
29 maio 2025
CAMPAMENTO DIXITAL CRI-TIC,
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2025
O vindeiro 3 de xuño publicarase no DOG a Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025 (código de procedemento ED311A).
O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
• Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de bacharelato (proba PEB).
• Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas
da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á
subvención do premio extraordinario de bacharelato.
A proba PEB terá lugar o 18 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.
As
listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba PEB
publicarase o día 11 de xuño no Portal Educativo e na páxina de
PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEB será de 3 días hábiles, do 12 ao 16 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEB
publicarase o día 17 de xuño no Portal Educativo e na páxina de
PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) e dirixir calquera consulta ao respecto ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal