21 outubro 2025

CAMELLO POR SORPRESA

 
Elementos para a reflexión 
Propoñeremos ao grupo iniciar un diálogo coas súas opinións sobre o vídeo. 
Se non xorden achegas de maneira espontánea, propoñemos algunhas cuestións para conducir o diálogo, priorizando que sexa o mesmo grupo o que vaia debullando os temas, xa que o vídeo introduce outras cuestións e as súas reflexións poderían ir por outro camiño:
 • Que interpretación dais ao título do vídeo? Cantas situacións de sorpresa detectastes? Estas sorpresas afectaban os tres personaxes por igual? En todos os casos había unha intención de sorprender aos demais? Identificastes as emocións evocadas nestas situacións? Eran as mesmas para os tres personaxes? Posibles respostas: Os pais han queridopreparar un agasallo e unha festa ao fillo (sorpresa positiva); os pais reciben unha sorpresa negativa ao ir descubrindo informacións que lles fan sospeitar das actividades do seu fillo (que xera ira no pai), e tamén experimentan sorpresa ao ir coñecendo a vida do seu fillo (está a estudar enfermería?, consome drogas?). O fillo ten unha sorpresa indefinida ao atopalos na habitación, unha sorpresa negativa ao ver que revolveron as súas cousas (que lle xera medo) e que lle están acusando (que lle xera preocupación). Tamén ten unha sorpresa positiva ao darse conta de que a preocupación dos pais (polo suposto consumo de drogas) non é pola súa identidade sexual (non saben cal é) e que aceptan que sexa consumidor (xerando un descanso no fillo como mal menor). A nai parece que o mira todo cun pouco de distancia e opta pola súa mellor reacción: aceptar a vontade do fillo e do pai, aínda que teña que enganalo un pouco, debido a que estar todos xuntos xéralle maior felicidade. 
• Se vos atopásedes na situación do pai, como actuariades? E no da nai? E no do mozo? Que vos imaxinades que sucederá a continuación?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.