O XOVES 19 DE NOVEMBRO de 2026, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 21ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.
O IES DO CASTRO xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 2º bacharelato, que terán que traer previamente autorización.
Horario de visita a UNITOUR: A saída do instituto será ás 9:00 horas e o regreso sobre as 11:45 horas. En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto de grao como de centro universitario.
Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.
Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa.
Durante a tarde, de 15:30 a 17:00 horas, a entrada será libre para todos os asistentes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.